O sábado 19 de outubro o Club Viravolta de ximnasia rítmica organizou a terceira edición do torneo de nivel base Viravolta co apoio de JAEL JOYERÍA e o CONCELLO DE SANTIAGO.
Foi no pavillón de Santa Isabel, e participaron máis de 20 clubes de toda Galicia. O club anfitrión fixo pleno na clasificación dos seus conxuntos: campeón nas categorías benxamín e cadete, subcampión cos conxuntos xuvenil e infantil, bronce para os conxuntos prebenxamín e alevín. Ademáis, Martín Casal acadou a primeira plaza e Alba Varela a séptima.
A última cita antes do Cpto. Nacional será o próximo 26 de outubro no pavillón de As Travesas de Vigo, no torneo organizado polo Club Maniotas donde o Viravolta participará co conxunto alevín e con Martín Casal.
Nota de prensa del Club Viravolta Santiago