Gran éxito da Copa Galega de Fútbol Gaélico disputada en Xinzo

0

 

O sábado pasado, disputouse en Xinzo de Limia a Copa Galega de Fútbol Gaélico. Máis de 300 xogadores e xogadoras deste deporte viviron unha xornada de convivencia onde, no lado feminino, a victoria recaeu no equipo estradense de Irmandinhas e, no lado masculino, no Estrela Vermella de Santiago de Compostela.
 
unnamed
 
En canto aos equipos do Auriense FG, destacar que ambos obtiveron un 5º posto, mellorando en chicas a súa clasificación na liga e nos chicos, un posto inmellorable, xa que este ano disputaron a liga na segunda división.
 
Polo tanto, gran xornada e gran acollida nun deporte que sigue a crecer en toda a comunidade e, que terá o seu colofón en Agosto, nos Mundiais de Dublin, onde a Selección galega tratará cando menos, de repetir o subcampionato logrado fai dous anos en Abu Dhabi.