Gran estrea do Pescados Rubén na Primeira División

O Pescados Rubén estrea a liga con victoria clara ante o gran potencial de Jimbee

0
Foto: Pescados Rubén Burela FS

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Javi Rodríguez, Matamoros, Renato, cinco inicial; Lucho, David Pazos, Álex Diz, Quintela, Pitero, Giasson

Jimbee Cartagena FS: Chemi, Franklin, Bebe, Solano, Fernández, cinco inicial; tamén xogaron Jesús, Mellado, Marinovic, Juan Emilio, Lucão, Andresito

Goles: 1-0, minuto 8, Quintela; 1-1, minuto 9, Juan Emilio; 2-1, minuto 17, Quintela; 3-1, minuto 22, Pitero; 4-1, minuto 33, Matamoros; 5-1, minuto 33, Lucho; 5-2, minuto 40, Bebe ( dp)

Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Burela dobre amarela para Matamoros (minuto 38). Por Cartagena vermella a Juan Emilio (minuto 26), amarela a Solano (minuto 29)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, con aforo completo máximo permitido de 300 persoas.

O Pescados Rubén Burela FS estreou a liga ao grande, con máis de tres puntos, nunha vitoria clara ante un gran Jimbee Cartagena (5-2). Os pupilos demostraron alma, carácter e orde, ademais de saber sufrir en determinados momentos.

Tras a vantaxe de 2-1 ao descanso, os galegos deron un golpe de autoridade ao regreso e aplicáronse cunha defensa solidaria ante o potencial do rival, aumentando en confianza co acerto sobre a rede en dobre diana no 33. Os de Duda só atoparon portería despois de tres dobres penaltis.

Edu evitou a primeira tentativa rival ante Fernández. E apareceu a oportunidade dos laranxas; avisou con moito perigo Matamoros no minuto 4 e pouco despois foi Lucho o que puxo a proba a Chemi nun man a man. No 8, as máis de 200 almas que arrouparon o Pescados Rubén celebraron a iniciativa burelista coma se a Bomboneira estivese a desbordar, na finalización de Quintela desde Pitero, na banda.

Edu parou a seguinte arremetida, de Juan Emilio, pero nada puido facer coa segunda; así subía o empate do 23 visitante. Quintela devolveu a vantaxe aos galegos coando ao segundo pau e de cabeza o pase da Xoia canaria, Javi Rodríguez.

Foto: Pescados Rubén Burela FS

Parecía empezar forte Jimbee, con recepción de Solano que lla serviu a Bebe, pero aí estaba Edu para sacar un pé de ouro. No entanto foi Pitero o que perforou de novo a rede, asistido por 7 burelista. Mellado avisou para os de Cartaxena dando no traveseiro pero o 3-1 mantívose a salvo.

No 26 dispuxeron de superioridade tras a expulsión de Juan Emilio por darlle un cabezazo a David Pazos, aínda que non puideron aproveitar os do Mariskal para o cuarto. Ofreceu unha defensa infranqueable a escuadra burelista; a punto estivo de reducir Solano chegando ao ecuador, pero Javi Rodríguez salvouna na liña. Edu tívose que aplicar máis a fondo e mostrou unha versión soberbia.

Os laranxas, moi finos, volveron aproveitar as súas ocasións. No 33, a maxia de Matamoros fixo acto de presenza para finalizar unha incursión de Quintela. Minuto de infarto viviu Vista Alegre, tivo a oportunidade Jimbee de reducir en dobre penalti, pero o lanzamento de Andresito converteuse nunha grande escapada de Iago Míguez que cazou Lucho para o 5-1.

Con cinco e medio por diante Cartagena tamén cumpriu coas faltas. Pouco despois optaron os de Duda por xogo de cinco, con Bebe, a pola remontada, e máis tarde co propio Chemi. Respondeu Burela con Javi Rodríguez tamén como porteiro xogador; tivo o sexto Pitero a porta baleira no 37.

Viviu unha recta final Vista Alegre coa expulsión de Matamoros; o Jimbee tivo outras dúas tentativas de pena máxima ante Edu, volvendo facer gala do seu brillo con luz propia. Foi na cuarta tentativa cando chegou o definitivo 5-2, con Bebe, a 47 segundos da bucina.