Gimnástica de Pontevedra, Samertolameu e Santiago, os máis coperos

0
Podio absoluto feminino

 

Intensísimo fin de semana o que se viviría en Ourense coa disputa da Copa de Clubs de pista cuberta tanto na categoría absoluta como na máster e que enfrontaría aos mellores equipos galegos do momento.

Dobrete para a Gimnástica

O sábado, xornada redonda para a Sociedad Gimnástica que se convertería na primeira entidade en conseguir o triunfo por partida dobre en ambas as categorías.

Nos homes, ampliaría o seu impresionante palmarés de triunfos consecutivos ao proclamarse por oitava vez gañador do torneo de maneira destacada ao avantaxar en trece puntos ao seu inmediato perseguidor e subcampión de Copa, o Real Club Celta. Xunto aos dous clubs pontevedreses e ocupando postos de honra, entraría o C.A. Santiago con 69 puntos afianzando o seu pausado pero firme e importante progresión das últimas tempadas que o levaría a manter unha encarnizada loita ata a ultima proba co Atletismo Narón que acusando baixas moi importantes, cedería finalmente a terceira posición. Ao final decediría a maior porcentaxe de mellores postos ao chegar empatados ambos conxuntos coa mesma puntuación

Novamente os concursos sería o punto forte da Gimnástica converténdose en determinantes, xa que seus serían as vitorias parciais do triplo, peso, pértega e altura así como nas carreiras dos relevos, dos 60 valos e dos 400 m.

Con respecto á categoría feminina viviríase moita emoción e intensidade ata os instantes finais da xornada, con moita alternancia á fronte da clasificación pero na que finalmente a Gimnástica avantaxaría en tan só dous puntos ao Atletismo Feminino Celta ocupando o título que as celestes viñeron mantendo nos últimos catro anos. Proporcionalmente as viguesas conseguirían máis triunfos que as do Lérez ao impoñerse nos 200 m., 800 m., pértega e peso por tan só as probas do 1500 m. e relevos das pontevedresas, malia que a regularidade das últimas outorgaríalles o título.

Xunto aos dous clubs, o RIA Ferrol ocuparía a terceira posición a trece puntos das gañadoras e a once das celestes.

Podio absoluto feminino

Na Copa máster Samertolameu repite e estréase o Santiago

Si emocionante resultou a Copa de Clubs absoluta non menos sería a máster que se diputaría na mañá do domingo.

Cinco clubs femininos serían os que se darían cita polos oito masculinos onde a motivación e a incerteza marcarían a intensa xornada copera vivida. Novamente o Samertolameu proclamaríase por terceira vez consecutiva gañador en mulleres ao avantaxar en catro puntos ao Club Atletismo Sada ocupando a terceira posición a Atlética A Silva a dezasete puntos do gañador.

Desgraciado encontro para as sadenses que viron como o infortunio e as lesións se cevarían sobre varias das súas atletas minguando de maneira importante as súas aspiracións. Narón con vintesete puntos e CAI a Estrada con vintecindo (terceiras na edición pasada) completarían o total de equipos participantes.

Outra das formacións que tería que ceder o título gañado o ano pasado sería o equipo masculino do Marineda Atlético que vería como o Atletismo Santiago finalmente conseguiría avantaxalos en oito puntos proclamándose campións deste edición. O Samertolameu ocuparaía o terceiro lugar estando desta maneira representado nos dous podios.

  •   Clasificación categoría absoluta Femenina 1a Sociedad Gimnástica de Pontevedra (82 puntos). 2a Atletismo Femenino Celta (80 p.) 3a Ria Ferrol (69 p.). 4a ADAS Proinor (57 p.) 5a LUCUS C.R.G. (50 p.). 6a Atletismo Narón (49 p.) 7a Atlética Lucense (41 p.) 8a C.A.Sada (38 p.)
  •   Clasificación categoría Absoluta Masculina 1o Sociedad Gimnástica de Pontevedra (90 puntos) 2o Real Club Celta (73 p.) 3o Club Atletismo Santiago (69 p.) 4o A.Narón (69 p.) 5o LUCUS C.R.G. (52 p.) 6o Atlética Lucense (48,5 p.). 7o Atletismo Sada (34 p.). 8o Ourense Atletismo (28, 5 p.)
  •   Clasificación categoria Máster Feminina. 1a Samertolameu (57 puntos) 2a C.A.Sada (53 p.). 3a Atlética A Silva (30 p.) 4a Atletismo Narón (27 p.). 5a CAI A Estrada (21 p.)
  •   Clasificación categoría Máster Masculina. 1o Club Atletismo Santiago (79 puntos) 2o Marineda At. (71 p.) 3o Samertolameu (65 p.) 4o Ourense At. (62 p.) 5o A Silva (57 p.) 6o C.A. Sada (52 p.) 7o A. Narón (52 p.) 8o CAI A Estrada (25 p.).