Galicia, Campioa de España de Técnica Infantil por autonomías

0

A Coruña, 5 de decembro de 2021. Galicia logrou a primeira posición no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías, que se disputou este sábado 4 de decembro en Benidorm. Os deportistas galegos que puntuaron para este título acadaron un total de 4 ouros, 1 prata e 1 bronce.

As e os deportistas galegos brillaron con luz propia neste torneo. O ouro de Galicia débese as actuacións de Yaiza Velo (TKD Sada) e Lucas Yelo (Kiap), que foron ouro en cadete infantil feminino e masculino, respectivamente. Na categoría infantil Hugo Arnoso (TKD Sada) tamén logrou a primeira posición, igual que Valeria Soto (Patiño) na categoría benxamín. E non podemos esquecer a prata de Daniel Abeijón (Natural Riveira) e o bronce de Aya Jabni (Neka), en alevín.

Estes son os deportistas número 1 do ranking galego, que sumaron para Galicia na xeral, pero tamén formaba parte da expedición un segundo equipo que realizou un gran traballo e trouxeron un bo número de medallas. Desta forma, na categoría alevín, Noelia Bernárdez (Patiño) eAdrián Vidal (TKD Sada) conseguiron a medalla de ouro; en cadete masculino Aitor Teijeiro (Neka) foi ouro e en benxamín, Sofía Domínguez (Tao), bronce. Ademais, houbo una gran participación a nivel de clubs, con grandes resultados tamén.

O sábado tamén se celebrou o Campionato de España de Exhibición Infantil e Cadete, no que os clubs galegos (campión e subcampión galego) lograron subir ao podio. Na categoría cadete, as dúas primeiras posicións foron para os galegos, repetindo o mesmo podio que no Campionato Galego: TKD Sada logrou o ouro, mentres que Yidam foi prata. Na categoría infantil, Yidam conseguiu a medalla de prata e Sada ocupou a terceira posición.