Galicia, brillante campioa de España Sénior de Combate

0

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo

  • O combinado galego foi primeiro na categoría masculina, segundo na feminina e primeiro, na xeral.
  • A selección galega logrou tres ouros, cinco pratas e seis bronces.

A selección galega logrou onte en Alacante a primeira posición na clasificación xeral por equipos no Campionato de España sénior de combate, despois da suma dos resultados das categorías masculina (primeiros) e feminina (segundos). Galicia conseguiu un total de 14 medallas (tres ouros, cinco pratas e seis bronces).

Os ouros foron para Arlet Ortiz, Sara Cortegoso e Iván García, mentres que houbo cinco pratas (Manu Parada, Pablo Fernández Eiras, Miryam García, Adrián Pombo e Sofía Pérez) e seis bronces (José Fernández Rey, Lorena Pardo, Junior Luciano Martínez, Lúa Piñeiro, Elena Pérez e Tania Castiñeira).