O pasado 8 de marzo finalizaba a primeira proba do Circuito Gallego Xuvenil  Babolat, na que se deron cita 388 xogadores e xogadoras de diferentes partes de Galicia, contando ademais con varios xogadores de Portugal.

Durante 4 fins de semana o Club de Tenis Pontevedra e o Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra foron as sedes desta primeira proba do circuíto conformada polos torneos  Babolat Alevín e Cadete e os campionatos galegos Infantil e Junior.

Os dúas primeiras fins de semana disputouse o torneo  Babolat alevín no Club de Tenis Pontevedra, cun total de 108 inscricións e o cadete no Mercantil de Pontevedra con 64.

A partir da segunda fin de semana comezaba a fase previa do campionato galego infantil no Mercantil de Pontevedra e os dúas últimas fins de semana disputouse a fase final, reunindo a 139 xogadores nas diferentes modalidades. O campionato galego  junior, á súa vez, disputábase no Club de Tenis Pontevedra coa participación de 77 xogadores e xogadoras.

Como novidade, realizouse a retransmisión en  streaming de dúas semifinais e as finais da categoría infantil. A encargada de realizar esta retransmisión foi a empresa «Volvemos a primeira» reproducións audiovisuais:

www.volvemosaprimeraproducciones.com

Pódense ver os partidos gravados na seguinte ligazón:

Campioato Galego Infantil (youtube)

Ao longo destas semanas púidose gozar dun gran ambiente de tenis en Pontevedra, mantendo lle formato de colaboración entre os clubs sede e a Federación Galega de Tenis como equipo organizador dos eventos.