Con Monbus Obradoiro e Cafés Candelas Breogan como máximos protagonistas e coa máis que recente experiencia do seu primeiro enfrentamento directo da temporada na Liga Endesa; celebrado o pasado sábado con vitoria lucense (69 – 56); a vila de Marín acollerá unha final marcada para as 21.00 horas e que poderá seguirse en directo vía TVG2 e a través da web da CRTVG.
Esta condición de dobre duelo fraticida consecutivo entre os dous equipos galegos da Liga Endesa outorga un plus especial a esta final de Copa Galicia, encontro que organiza Marín
PeixeGalego que mantén á venda as entradas a través da PLATAFORMA DE PAGO habilitada para a ocasión. Deste xeito, as mesmas poden mercarse xa a un prezo de 10 euros para o público en xeral e de oito euros para os socios do club anfitrión. Pola súa banda, os menores de 14 anos poderán acceder de balde.
Final Copa Galicia Sénior Masculina 2018 (Pavillón da Raña. Marín)
(21.00 h) Monbus Obradoiro – Cafés Candelas Breogán
Árbitros: Vicente Bultó, Jacobo Rial e Jorge Martínez.
Fase Previa
Data | Cancha | Hora | Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|---|---|---|
07/09/18 | A Raña (Marín) | 20.00 | Leyma Basquet Coruña | 86 – 63 | Rio Ourense Termal |
08/09/18 | A Raña (Marín) | 20.00 | Rio Ourense Termal | 93 – 72 | Marín Ence Peixegalego |
09/09/18 | A Raña (Marín) | 20.00 | Marín Ence Peixegalego | 98 – 100 | Leyma Basquet Coruña |
Semifinais
Data | Cancha | Hora | Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|---|---|---|
16/09/18 | A Raña (Marín) | 20.00 | Rio Ourense Termal | 49 – 84 | Monbus Obradoiro (X) |
16/09/18 | A Raña (Marín) | 18.00 |
Leyma Basquet Coruña | 64 – 84 | Cafés Candelas Breogán (Y) |
Final
Data | Cancha | Hora | Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|---|---|---|
31/10/18 | A Raña (Marín) | 21.00 |
Monbus Obradoiro | – | Cafés Candelas Breogán |