FINAIS das Ligas Galegas de RUGBI

    0

     

    A tempada de rugbi regular remata cas finais das distintas categorías do rugbi galego, que se disputarán no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín o Sábado 1 de Abril.

    Dará comezo a festa do rugbi galego as 11 horas arrancando cos mais cativos, os sub16, e rematando as 18 horas co plato forte, a categoría de 1ª galega. Entre medio, sub18, 2ª división e a feminina. A quen lle guste o rugbi, está claro, que xa ten marcado na axenda en vermello ese día.

    Estes son os enfrontamentos:

    • Sub16: As 11:00h.   Vigo  VS Mareantes
    • Sub18: As 12:30 h.   Vigo VS Ferrol
    • Senior Masculina 2ª División: As 14:00h. Campus Ourense VS Muralla
    • Senior Feminina: As 16:00h.   Vigo VS Coreti Lalín
    • Senior Masculina 1ª División: As 18:00h. Vigo VS CRAT

    SORTE A TODOS/AS e agardámosvos alí.

    + info: www.rugbi.gal