Fin de semana intenso para a canteira do Clube Voleibol San Martiño

0

 

Este fin de semana tocou descansar a todos os equipos autonómicos do Club Voleibol San Martiño. Doutra banda celebrouse varios encontros locais onde o club ten varios equipos o igual que o sábado celebrouse a segunda xornada deporte escolar na carballeira.

O sábado comezouse coa xornada deporte escolar onde o club estivo representado por 5 equipos alevines e 3 equipos benjamines das escolas de Concepción arenal, Guillerme Brown. Escolas Pabellón, Colexio Padre Feijóo de Allariz. A xornada comezou cos partidos se Inés onde nun formato de todos contra todos e por tempo xogáronse unha chea de encontros. Durante a xornada os equipos foron mellorando e rectificando.os erros isto levou a que os xogadores gozarán durante todo o xogo.

Neste tempo os equipos alevines do club foron demostrando o que melloraran durante este mes e loitando cada punto vendo que cada veñan mellor a tres toques. Finalmente o importante é que gocen e vendo que comeza saír xogadas enlazadas. Logo tocoulles aos máis pequenos os benjamines os cales saíron a comerse o campo con máis ganas e corazón querendo imitalos maiores, aos poucos víase mejoría onde os pequenos intentaban xogará dous toques. O máis importante de leste foi que se divertisen e o obxectivo conseguiuse.

Logo dunha segunda xornada de deporte escolar conseguiuse o obxectivo que todo o mundo saíse contento e gozando deste deporte.
O sábado á tarde xogouse un encontro entre o equipo de segunda sénior San Martiño contra o equipo de Santiago, nun encontro que comezou para as ourensanas durmido xa que o primeiro set lévoos o rival, pero logo desplego todo o seu xogo gañando punto e buscando os puntos débiles dos rivais conseguindo levarse os seguintes sets e gañar 3-1.

O domingo tivo lugar os dous encontros locais primeiro deles foi o equipo xuvenil dompa lagoas xuvenil feminino contra o equipo dous dompa IES Allariz masculino. O encontro tivo lugar no pabellón da carballeira. O encontro comezou con moita superioridade do equipo xuvenil cometendo algunhas faltas pero ao equipo masculino faltáballe loitar e moverse máis no campo, intimidadas polo seu rivais isto fíxolles que non atopasen o seu xogo e aos poucos fosen perdendo o primeiro set. No segundo set atoparon o camiño para poder loitar mais pero non foi suficiente e o fallo demasiados saques sentencio o set. No terceiro volveron recaer no mal xogo do principio finamente o encontro perdeuse por un 0-3.

Logo xogou o equipo cadete de Dompa IES Allariz contra o equipo de dompa Xestión infantil, o comezo do encontro pésolles ao equipo de Allariz o non coñecerse e cometeuse moitos erros de comunicación e nerviosismo ao ser o primeiro partido que xogaban xuntas, pero aos poucos foron mellorando e chegaron a xogar máis conxuntadas isto notase durante todo o xogo e finalmente conseguiuse loitar cada punto ata no último set que se estivo a punto finalmente de gañar ao seu rival o set pero os fallos finais de non recibir ben lles peso e perderon o encontro por un 0-3.

Este fin de semana foi unha xornada de descanso para os equipos autonómicos, pero onde estivo cheo de xogo dos equipos locais onde para moitos deles foi o estreo na liga moitísimo nerviosismo e gran vitoria do equipo sénior de segunda división que segue de momento invicto.