[alert type=»success»]Nova Xestión Pabellón : Cerviño ( P ), Noguerol (3), Borja (1), Fran (1), Dani, Xurxo (4), Brais, Victor (1), Javier (5), Manuel, Fernando (p), Gabriel (2), Alex (3) e Rubén (p).[/alert]

 

O sábado as 16:30 da tarde en Oira o Nova Xestion recibía cargado de ilusión ao líder da categoría o Bm Camariñas. Un partido que xa de entrada, presentiase que iba estar cargado de emoción ata o final, como ven sendo habitual nos ultimos anos.
Asi o Pabellon saiu a pista con equipo basado na xuventude e velocidade, xa que o Camariñas caracterizase por unha alta velocidade de xogo.

A primeira metade, estivo moi desputada ,ainda que no ultimo minuto os locais concederon un fallo de lanzamento que propiciuo unha contra con penalti e exlusión (moi discutible) ademáis da mala nova, a lesión de Gabriel nun brazo. Chegabase o descanso cun 12-11 no marcador.
Na segunda parte continuou moi disputada e no seu intermedio, os das Burgas chegaron a telos controlados en defensa, cun inspirado Cerviño en porteria, pero cunha mala racha ofensiva, na que os do Nova Xestion erraron ata 5 lanzamentos seguidos.

A partir de ahi, os de Camariñas que ian no minuto 45 co marcador ao seu favor 15-18, xestionaron mellor o tempo, consentido polos colexiados cunha interpretacion moi discutible do pasivo que nin grada nin equipo entendian,e con exclusions moi rigurosas para os locais (ata 5 no segundo tempo), mermaron a posibilidade de remontada.

Unha magoa porque o equipo fixo meritos durante todo o partido, en especial na primeira metade para acadar algun punto.
Esta vez o máximo goleador foi o xuvenil Javier con 5 goles seguido de Xurxo con 4.

 

 

As seis da tarde, a continuacion do senior masculino, saian as das Burgas a pista de Oira para enfrontarse o BM. Carballal.
Dende o minuto un, as rapazas do Nova Xestion estiveron fora do partido, moi erráticas nos lanzamentos a porta e unha defensa pouco consistente.

En ningun momento inquedaron o equipo do Carballal que con máis banquillo superaron en intensidade durante os 60 minutos as locais, conseguindo asi unha victoria mais que merecida polas visitantes cun 17-30 no marcador final.

 

CRONICAS BASE:

 

Xuvenil Masc: Os maiores da base desplazaronse o Venres a xogar contra o Bm. Cañiza.
Un partido que a priori non tiña que porse encontra dos das Burgas, e que se demostrou no campo cun parcial inicial de 3-13. O mellor deste encontro foi o reparto de minutos para os xogadores cadetes que estan a coller un peso importante no equipo. O final 23-40, Os dous primeiros puntos no peto, que veñen para Ourense, nesta segunda volta, na que se intentara non perder ningun partido dos sete que quedan. Empataron como maximos goleadores Martin e Javier con 8 goles cada un seguidos de Pablo con 7.

Cadete Masc: Desplazaronse a Lugo os cadetes do Nova Xestion para xogar o sabado as 16:30. Partido que Aaron, o adestrador, aproveitou para facer probas e repartir minutos. Inda asi, grata sorpresa pois os dous puntos non perigaron e ningun momento, acabando o partido cun resultado de 25-39 a favor dos das Burgas. Os maximos anotadores foron Martinez con 14 goles seguido de Sampayo con 10.

Infantil Masculino: Os mais pequenos da base desplazaronse ata Cangas para xogar un partido que se anticipaba como complicado. E asi foi, a pesares de facer un moi bo partido, xa se chegou ao descanso con 17-10 no marcador. Sendo o protagonista do partido o porteiro local, e os nosos error en lazamentos a porta. O final 31-22 a favor dos de Cangas.

Infantil Femenino: O equipo infantil feminino do Nova Xestion recibia o sabado as 11:30 as rapazas de Coia. Nun partido no que as pequenas do pabellon entraron durmidas no partido, cun parcial en contra de 2-6 e con numerosas imprecisions que provocaron perdas de balon fora do normal. Reseñar a presenza de Milena na porteria, que cumpliu sobradamente co seu novo rol no equipo, e o bo facer de Andrea Abad, aportando goles e intimidacion. Os dez minutos finales da primeira metade resultaron cruciales para o resultado final do choque, sobre todo moralmente para as xogadoras, que lograron irse o descanso con 13-11 no marcador. Na reanudacion, unha gran Lucia Tesouro dirixiu o seu equipo con goles e asistencias, que permitiron ampliar distancias a pesar do arreon final do Sedona. O final o marcador 29-25 para as das Burgas cunha mais que merecida victoria.

Cadete Femenino: As cadetes fixeron quizais o partido mais irregular en defensa do que levamos de tempada. Algo o que non nos teñen acostumados, Caeron derrotadas por 35-42 contra as rapazas do Seis do Nadal. Nun partido no que xa se recuperaba a Sandra, despois de un mes de lesion, no que voltou marcando 11 goles, seguida de Andrea Lopez marcando 8.

Escolas:

Xa comezaron a rodar as competicions das escolas, no que o mais importante no son os resultados, senon o bo ambiente vivido polos pais, nais, familiares, vendo xogar e divertirse con este deporte os mais cativos da casa. Sen dubida quedamos co bo ambiente e co sonriso dos rapaces ao rematar os seus encontros.

O Otero-Couto gañou o seu partido contra o Coles, e o Mariñamansa os seus contra o Vistahermosa.