Fernando Buendía, non seguirá na dirección do Calvo Basket Xiria

0

 

A Escola Basket Xiria quere notificar oficialmente que o adestrador Fernando Buendía non seguirá como adestrador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria na vindeira tempada: «A decisión do coruñés de deixar os adestramentos temporalmente, tomouna nas datas de Semana Santa e así confirmoullo ao Club, no que era unha decisión persoal e desexaba avisar con tempo e non verse influenciado ao final de tempada polos resultados deportivos. Despois de case 20 anos adestrando de forma consecutiva, a súa familia e o seu traballo, facían difícil compaxinar cos adestramentos e viaxes».

Dende o Club queren agradecer a Fer Buendía a súa profesionalidade: «o gran traballo feito nas tres tempadas, a súa paixón, seriedade, compromiso que tivo co Club e con Carballo, non só no traballo técnico do equipo, senón na implicación en tódalas actividades organizadas pola entidade e nas que desde o primeiro momento estivo disposto a colaborar».

Desexánlle o mellor dos éxitos: «en todo o que acometas no futuro e estamos seguros que máis pronto que tarde, unha vez descanses e recupere alentos, voltaremos a verte polos banquillos e os pavillóns, transmitindo o seu amor e paixón polo BA LON CES TO».