• O “VII Trail Vila de Cuntis”, patrocinado por Termas de Cuntis, celebrouse o domingo superando os catrocentos corredores inscritos.

O balneario Termas de Cuntis patrocinou este pasado domingo o “VII Trail Vila de Cuntis”, organizado polo Club de Montaña Xesteiras. A proba, na que participaron 432 persoas nas modalidades de trail e mini trail –e tamén nas andainas solidarias deportiva e popular–, transcorreron polos montes do municipio, con saída desde a Praza das Árbores dirección ao monumento de Maráns, O Pazo, Laxos, Castro Sebil onde se cruzará o río Umia, Vilar de Mato e Alto do Cávado onde comezará o regreso por Cequeril, Hermida, Alto do Castro, Sebil, Laxos, O Pazo e Cuntis. 

No trail, de 27 quilómetros acumulando un desnivel positivo de 1.500 metros aproximadamente, resultou gañador da proba Fernando Arca do Club de Xesteiras, cun tempo de 2 horas, 28 minutos e 42 segundos; en segundo lugar Roberto Riobó, do Corredoiras Trail que chegou á meta en 2 horas, 28 minutos e 43 segundos; e en terceiro lugar finalizou o percorrido Iván Barreiro do Club Xesteiras, cun tempo de 2 horas e 37 minutos. Na categoría feminina a gañadora foi Nuria Romero, do club Cabuxastolas, cun tempo de 3 horas e 39 minutos; en segundo posto Marga Moreno do CDM Vértice, cun tempo de 4 horas e 11 minutos; e en terceiro lugar Margarita Aguín do C.D Ría de Arousa, cun tempo de 4 horas e 14 minutos. Entregáronse unha cesta de produtos típicos da zona aos tres primeiros de cada categoría e tamén para o mellor equipo, ademais de entradas para o balneario Termas de Cuntis.

Na quinta edición do Mini trail, de 17 quilómetros acumulando un desnivel positivo de 780 metros aproximadamente, os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculino foron Julio Esmorís do club AME Bestarruza (1 horas, 43 minutos, 17.3 segundos), Víctor Domínguez do AD Mediaducia (1 hora, 43 minutos, 17.9 segundos) e Javier Diéguez do GTR-Galaico Trail Run (1 hora e 44 minutos). En absoluta feminino as tres primeiras foron Natalia Martínez do Lousame Trail (2 horas e 16 minutos); Eva Durán do Cazafantasmas Team (2 horas e 38 minutos); e Verónica Cures do Downhill (2 horas e 51 minutos).

Na modalidade veteranos masculino gañaron a proba Juan Riveiro do Club Xesteiras (1 hora e 45 minutos), Eduardo Brocos (1 horas e 47 minutos) e Juan Luís Amigo (1 hora e 58 minutos). En veteranas feminino, as tres primeiras clasificadas foron Estrella Canabal do Objetivo Trial (2 horas e 24 minutos), Laura Bouzón do Monumental CXC (2 horas e 27 minutos) e Marga Rodríguez (2 horas e 45 minutos). Entregáronse lotes de regalos aos tres primeiros homes clasificados e ás tres primeiras mulleres clasificadas.

Finalmente as andainas, unha longa deportiva de 25 quilómetros, que formou parte do Open de Andainas de Galicia, e unha curta popular de 17 quilómetros, foron probas non competitivas nas non houbo premios. A totalidade do recadado na inscrición da fila 0 e a metade do das andainas será doado á Fundación Josep Carreras contra a leucemia. Ademais, doarase todo o recadado ao longo da mañá de onte domingo na Praza das Árbores de Cuntis. Esta edición do “Trail Vila de Cuntis” estivo patrocinada por Termas de Cuntis, Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra e as empresas Oxipro, Supermercados Merca Más, Versos de A Ruda e Galitiming.

Nota de prensa del Balneario de Cuntis