Fernando Alarza bronce no Campionato do Mundo de Tríatlon 2016, Mario Mola campión

0

 

Fernando Alarza logrou esta noite en Cozumel a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Tríatlon 2016, despois dunha Gran Final inesperada, agónica e sorprendente, na que Mario Mola acadou o título de campión do mundo ante o desfalecemento de Jonathan Brownlee a falta de 700 metros para chegar á liña de meta. Nesta proba, Fernando Alarza foi noveno e confirmou así o terceiro posto no Mundial, despois dunha tempada excepcional.

A final mundial estivo marcada polo final agónico do británico Jonathan Brownlee. Cando ía en cabeza en solitario e cunha cómoda vantaxe comezou a cambalearse e non era quen de seguir correndo, polo que se parou xunto a un oficial. Schoeman adiantouno e logrou o triunfo na Gran Final das Series Mundiais. Por detrás, Alistair colleu ao seu irmán polo ombreiro e arrastrouno ata a liña de meta, onde ocupou a segunda posición. Mario Mola foi quinto clasificado e así garantiu o título mundial.

O deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD Fernando Alarza, que foi noveno en Cozumel, logrou a medalla de bronce no Mundial con 4087 puntos, por detrás de Mario Mola (ouro con 4.819 puntos) e Jonathan Brownlee (prata con 4.815 puntos). Ademais, na Gran Final tamén participou o galego Pablo Dapena, que rematou na 48a posición.

 

A proba.

Como nos días anteriores, as altísimas temporadas foron protagonistas da gran final das Series Mundiais 2015 que se celebrou en Cozumel. E tamén, como estaba previsto, os Brownlee apostaron por romper a carreira na natación, que é o segmento onde Mario Mola sufre máis. E a planificación dos británicos saíu ben, aínda que o tempo que lograron arrancar despois de 1.500 metros de natación aos españois Mario Mola e Fernando Alarza era escaso, pouco máis de 20 segundos. Parecía que non tiña que haber corte importante na bicicleta, pero tal e como xa sucedera en Río, o grupo que ía por diante traballou a moi bo ritmo e de forma coordinada, mentres que no segundo grupo non había colaboración para tentar recortar as distancias e alcanzar aos líderes.

Así, volta a volta, as distancias ían medrando de forma significativa con Alistair traballando arreo a favor do seu irmán. O campión olímpico case en solitario parecía bastarse para seguir aumentando as distancias volta a volta, mentres que por detrás a desesperación de Mola, que so encontrou colaboración en Alarza e Murray, era evidente. Desta forma, Jonathan Brownlee chegou a T2 con 1:30 de vantaxe sobre Mario. Tocaba remontada, pero parecía complicado poder recuperar tanto tempo e tantas posicións, xa que no grupo de Jonathan e Alistair había seis triatletas máis, con Schoeman (bronce olímpico) como principal rival.

No inicio da carreira a pe, Jony comezou a mandar e so Schoeman e Alistair foron capaces de seguilo, formando un trío que rompía as opcións de Mola, que necesita ser terceiro se gañaba Jonathan. Volta a volta parecía claro que o mallorquino non tiña posibilidades de chegar aos tres primeiros e so un milagre podería darlle o título. E chegou a milagre. A falta de 700 metros a faciana de Jonathan cambiou por completo e os seus movementos eran imprecisos. Pouco a pouco o

aspecto era moito peor, ía absolutamente desorientado e parecía claro que non ía poder rematar a carreira. A falta duns catrocentos metros, o sudafricano Schoeman logra superalo e avanza cara a un triunfo absolutamente inesperado para el, mentres que Jonathan se rende e para xunto a un oficial que o suxeita. Nese intre chega Alistair, quen agarra ao seu irmán e o leva en volandas cara a meta, onde Jonathan entra en meta segundo (tras empurrón do irmán maior). A pesar da clara axuda de Alistair, ese segundo posto non foi suficiente para o pequeno dos Brownlee que veu coma Mario Mola entraba en meta na quinta posición e lograba así o título de campión do mundo.

Pola súa banda, Fernando Alarza tamén remontou varias posicións na carreira a pe para ocupar a novena posición e deste xeito completou unhas Series Mundiais brillantes cunha terceira posición final na xeral. Claro que este bronce podería converterse en prata se prosperase a reclamación presentada pola Federación Española de Tríatlon axuda externa recibida por Jonathan neses últimos 500 metros, pero a ITU non a considerou e finalmente Alarza foi bronce, nunha final polémica, emocionante, angustiosa e sorprendente.

 

http://www.triathlon.org/results/result/2016_cozumel_itu_aquathlon _world_championships/281512

http://www.triathlon.org/rankings/itu_world_triathlon_series/male