A Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia unen esforzos en prol do baloncesto como axente inclusivo. Da man dos seu presidentes, Francisco Martín Mico por parte da Federación Galega de Baloncesto e de Eladio Fernández representando Special Olympics Galicia, materializouse esta mañá un novo acordo, que da continuidade ao asinado fai un ano, e no que a canastra pasa a ser protagonista oficial en programas de acción social.

Dase continuidade así a unha colaboración entre ambas institucións co obxectivo de promover a práctica do baloncesto unificado, entre persoas con e sen discapacidade intelectual. A FGB colaborará tamén nas Ligas promovidas por Special Olympics Galicia, nas que participan persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia.

O Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade designando e formando para a mesma, a través de cursos en liña, aos colexiados pertinentes.

 

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.