Este mercores presentáronse, no salón de plenos do Concello de Ourense, os Campionatos de Galicia Sub12, Sub14, Sub18 e Sub20 de Atletismo en pista cuberta 2018. As probas celebraranse os vindeiros 24 e 25 de febreiro na pista cuberta de atletismo de Expourense co seguinte calendario:

  • Sábado 24 de febreiro, de 11:00 a 19:00 horas, campionatos de Galicia Sub18 e Sub20 de pista cuberta.
  • Domingo 25 de febreiro, de 10:30 a 19:00 horas, campionatos de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de pista cuberta.

 

O Rei dos Deportes volve achegar á Ourense un novo espectáculo deportivo extraordinario, coa desputa dos Campionatos de Galicia nas categorías comprendidas entre benxamíns e sub 20, que se desenvolverán esta fin de semana na pista cuberta de Expourense.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mostrábase encantado de que a nova pista de Expourense ten convertido a Ourense no eixo central do atletismo en Galicia: «En apenas 2 meses de actividade, desde o campionato inaugural disputado en decembro, leva acollido a Copa de clubes de Galicia e os campionatos absoluto e master da nosa comunidade».

«Este fin de semana, Ourense contará coa presenza do mellor atletismo galego  en unha competición que nos trae o futuro, que en moitos casos xa é o presente do atletismo galego» comentaba Jesús Vázquez.

Esta fin de semana darán cita na pista de Expourense deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil e junior, que están chamadas e chamados a protagonizar as mellores xestas do atletismo galego durante esta e a próxima década: «estarán en Ourense para brindarnos un sensacional espectáculo».

A pista de Expourense avanza, cumple coas expectativas xeradas, e ese é un motivo de satisfacción para o alcalde: «Ourense como anfitriona destes eventos,  será referencia do deporte e destino de deportistas nunha gran cita coma esta».

Jesús Vázquez finalizaba dando as trazas a todos os que fan posible que este Campeonato  e a nova pista de atletismo sean todo un éxito: «O proxecto vai adiante, e por elo vexo acaído dar as grazas e parabéns á Secretaría Xeral para o Deporte, a Expourense, a Deputación Provincial, á federación de atletismo, aos clubes e deportistas. Queriamos que Ourense fose a referencia do atletismo galego, e o estamos conquerindo. Grazas a todos e a todas».