Os xogadores Lalo, Xocas, Nuno e Pitu, revolucionaron a uns ilusionados rapaces, que gozaron duns minutos de xogo cos xogadores roxinegros. O plantel visitou xunto os directivos José e Piti e o adestrador Manu Cerón, aula por aula a 600 escolares que recibiron detalles do Clube nun esforzo do novo proxecto por achegar o clune ao pobo e á contorna.
No colexio de Prado, o Alcalde da localidade lalinense Rafa Cuiña, aproveitou a visita para unirse e inaugurar o novo campo sintético, unindose ao partido correspondente. Profesorado e dirección do centro entregaron un detalle ao Clube en agradecemento da visita, e o Clube Deportivo Lalin donará material deportivo para a práctica da actividade física no centro.
O momento de maior revolución sen embargo, viviuse no Xesus Golmar onde cebtos de escolares asaltaron a técnico e xogadores, na búsqueda de autógrafos e fotografías. O CD Lalín agradece a ambos centros as facilidades, e o agarimo no trato, comprometéndose a repetir visita nos centros, logo desta primeira e grata impresión.

Comentarios