Éxito do DéporCampus Cabreiroá de Cuntis onde os rapaces recibiron leccións prácticas dos adestradores do Deportivo da Coruña

0
  • Fomentáronse valores de respectos polo rival, xogo limpo, esforzo, solidariedade e amizade a través do deporte
  • Celebrouse a semana pasada no campo municipal de A Ran, co patrocinio de Termas de Cuntis

O Campo Municipal de A Ran de Cuntis foi sede a pasada semana dun dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o R.C. Deportivo, o Atlético Cuntis, o Concello da localidade, a Deputación de Pontevedra e o balneario Termas de Cuntis.

Un grupo 39 rapaces (37 nenos e 2 nenas) de seis a catorce anos participaron no DéporCampus, con actividades diversas ao longo da mañá, centradas principalmente nas leccións prácticas dos adestradores do Deportivo da Coruña. Os obxectivos desta actividade futbolística foron aprender as habilidades e conceptos en relación co corpo, aspectos coordinativos, de relación co balón e co opoñente –o 1X1–, de coordinación entre dous xogadores, competir e desfrutar mediante diferentes partidos nun ambiente lúdico, ademais de transmitir os valores que representa o Dépor de respecto ao rival, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade. O campus de Cuntis foi, segundo a organización, un éxito absoluto “onde todos os rapaces o pasaron moi ben”.

As mañás comezaron coa xuntanza no recinto e o reparto do equipamento para cada xogador. A continuación formábanse tres grupos por idades que facían tres postas con circuítos onde desenvolvían accións técnico-tácticas para practicar diversos recursos futbolísticos. Como as temperaturas da semana pasada foron bastante altas, programáronse actividades con auga para paliar a calor, ademais doutros xogos lúdicos e carreiras de relevos. A media mañá facíase un descanso para unha pequena merenda con froita e auga. Xa ao final da xornada realizábanse as competicións de fútbol con partidos entre diferentes equipos.

Nota de prensa del Balneario de Cuntis