Exitazo do atletismo máster galego no nacional de Sabadell

0
Esther Pedrosa logo de proclamarse campioa de España en Milla cun rexistro de 5:42.18

Novamente o atletismo galego máster daría mostras da súa enorme calidade, colleitando nada menos que un total de once medallas, sete récords de Galicia e un  récord de España durante este pasado Campionato de España máster desenvolto sobre varias modalidades na cidade catalana de Sabadell.

Para comezar Esther Pedrosa lograba un novo título nacional máis que engadir ao seu extenso palmarés nacional e internacional, logo de proclamarse campioa de España en Milla cun rexistro de 5:42.18 que representa ademáis un novo récord de España. Nesa mesma categoría e proba, María de los Ángeles Rodríguez de A Silva lograba o subcampionato nacional que engadía ao bronce logrado no concurso de pentathlon de lanzamentos con 2.476 p. Nesta última proba, proclamábase campioa de España Ana María Abuín de A Silva con 2.911 establecendo un novo récord galego. Sen abandoar os lazamentos, Xulio Ventín da Gimnástica pola súa banda, sumaba a terceira medalla nesta modalidade, facéndose co bronce na M55 con 3.299 p.

Na disciplina da Milla, José Fernández Sangiao do Verxel Nutrición na M60 correría ata parar o crono en 5:12.99 que lle reportarían o subcampionato nacional así como un novo récord galego.

O máster 40 ourensá Rubén Diz lograba pola súa banda, a medalla de ouro na proba dos 10.000 m. cun rexistro de 31:14.63 o mesmo que na categoría W55 con 42:43.27 Nuria Pastor do Lugo Running, representando ambos rexistros novos récords galegos. Para rematar sobre esta distancia,  importante bronce o logrado tamén por José Benito Gómez do Ourense Atletismo na M60 con 40:19.31

Ana Abuin e Maria de los Angeles Rodríguez

Por último en combinadas pleno dos e das galegas xa que tanto Cristina Estévez na W45 do A.F. Celta con 4.617 p. como Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M60 con 35.44 p. lograban o subcampionato nacional con récord galego engadido na súa categoría para a representante viguesa.

No resto de actuacións excelente o tamén récord de Galicia W35 para Victorina Losada do Ourense Atletismo na milla con 5:47.24; os cuartos postos de Antonio Teijido nos 10.000 m. e de Javier Viteri no pentathlon de lanzamentos así como o 8º posto Marcelo Lanza na milla, e o 11º de José Ferreira nos 10.000 m.