Non era unha saída sinxela, pero como dicía o seu adestrador na previa o traballo da pretempada estaba a ser realmente bó, de ahí o excepcional partido que completaron as futbolistas do Victoria F.C. en Mareo este domingo. O primeiro conxunto feminino de Santiago abriu a Liga 2019/20 en 1.ª División cun contundente 1-6 fronte ao Sporting de Gijón B que, aínda que de momento sexa anecdótico, o coloca líder na táboa empatado a puntos co Sardoma, Deportivo Abanca B, CD Monte e Viajes Interrías Fútbol Femenino.
As xogadoras que dirixe Chivi García amosaron seriedade desde o asubío inicial fronte ao recién ascendido e colocáronse moi cedo por diante no marcador cun gol de Noela a centro de Alba (min.4). Gara aumentaría o marcador cun centro chut que se colaba pola escadra da portería rival mentres que Carlita poñía o terceiro cun disparo dende a frontal. Albita cerrou o marcador co cuarto tanto antes do peche da primeira metada, tras un saque de esquina.
Afrontaba así o tempo de descanso o Victoria cun triunfo parcial de 0-4.
A segunda metade comezaba cun tanto da local Eva que permitiu ao Sporting B recortar distancias.
Non obstante, non tardou Ánxela en meter un gran pase entre liñas que Chorén soubo rematar en gol para poñer o quinto das ‘rojillas’ no marcador. Gara, de novo, firmaba o definitivo 1-6 que permite ao cadro compostelá comezar do mellor xeito posible esta tempada.
O próximo encontro do Victoria F.C. séra este domingo día 22 ás 16.30 horas no campo Municipal de Santa Isabel fronte o Racing de Santander B.
Nota de prensa del Victoria FC