Como de moi positivo podemos considerar a fin de semana en canto a resultados onde as nosas e nosos representantes acadaron un total seis medallas no individual e unha no colectivo nos distintos Campionatos de España desenvoltos tanto en marcha como na pista cuberta.

Para comezar o Campionato de España en Marcha en Ruta de Torrevieja, e ó cal viaxaba a selección galega Sub20 e Sub16. lograba un sensacional subcampionato nesta última categoría  feminina, onde o  noso combinado tan so sería superado por un estreiro marxe de seis puntos pola Selección Catalana. A este formidable resultado engadiuse a medalla de bronce acadada por Aldara Meilán quen subiría ó podio desta categoría. O resto de actuación sería 6ª María Marti; 10ª Natalia Rivas;19ª Salomé Segade e 42ª Marina Pajón

Novamente serían as mulleres do Sub20 quenes tamen estarían a piques de entrar no podio, ó ocupar finalmente a cuarta posición. Nesta categoría nova e magnífica medalla de bronce no individual para a  Iria Rivas con 50:25 quen melloraría o sétimo posto do Vendrell do ano pasado. O resto de marchadoras serían, 20ª Sofía Campos Ares; 31ª Celia Carracedo Perez e 32ª  para Alba Pérez Nieto.

No resto de categorías salientar o sétimo posto de Roberto Vieiro nos Sub20 masculinos quen estaría acompañado no posto 31º por Hugo Martínez; 34º Nicolás Iglesias; 39 Roi Surribas e 53º  para Ismael Díaz, e conseguindo en conxunto o sétimo posto por comunidades

Por último na categoría Sub 16 homes meritorio cuarto posto do combinado autonómico quen tería en Brais Suárez ó mellor do equipo logo de rematar no sexto posto cun crono de 23:56. Xunto el o resto de compoñentes serían, 12º Pablo Sánchez; 29º Elias Klein; 34º Miguel Alvariño e 39º para Javier Malingre.

No que atinxe ó Campionto de España Máster os nosos e nosas marchadoras/es amosarían o seu excelente nivel. Nada menos que tres medallas traerían de volta e onde o máis salientable sería o título de Campión de España para Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen na proba dos 20 km, marcaría un rexistro final de 1h.37:12 Con esta medalla o coruñés amplia o seu importante palmarés deportivo

O marchador de O Barco nas filas do Celta, Jose Fernández logaraba a segunda das medallas ó entrar na línea tras o marchador murciano Daniel López, logrando o subcampionato na categoría máster 35 cun crono 1h.38:24.

Xa para rematar importante resultado para a marchadora do S.A. Trega Emilia Rodríguez quen co seu rexistro de 2h.03:50 na categoría máster 40 non só acadaba a prata no campionato, senón que tamén establecería un novo récord galego da proba

Pista Cuberta

Os excelentes resultados colleitados polos nosos e nosas marchadores terían continuidade no Campionato de España Sub23 onde un dos importantes valores do medio fondo, Elian Numa López do Coruña Comarca, confirmaba a súa excelente progresión logrando o subcampionato de España con 1:53.43. O ano pasado, sendo Sub20, xa conseguiría o campionato nacional de pista cuberta e o subcampionato no aire libre o que lle abriría as portas a internacionalidade.

Destacado sería de igual modo, o cuarto posto para a celeste Eva Queimaño quen tomaba parte nas combinadas rematando con 3.506 puntos.

Por último, destacados postos de finalistas tamén para Ana Juncal do A. Femenino Celta en pértega con 3.35 m. e Saray Amoedo do Vila de Cangas en triplo con 11.20 m.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo