Estrella Galicia anuncia o patrocinio do Burela FS

0
Foto: PRBFS

 

 

  • Acompañará os equipos feminino e masculino de Primeira División de fútbol sala durante as próximas dúas tempadas. 
  • A imaxe de Estrella Galicia como cervexa oficial e de Cabreiroá como auga oficial será visible a partir de agora no recinto deportivo e diferentes elementos de comunicación del club.

Burela, 2 de setembro– Estrella Galicia acaba de anunciar o patrocinio do CD Burela Fútbol Sala para as próximas dúas tempadas. Deste xeito, a empresa apoia o desenvolvemento do proxecto deportivo tanto no equipo feminino coma masculino que disputan con éxito a Primeira División RFEF.

A partir de agora, a imaxe de Estrella Galicia como cervexa oficial e de Cabreiroá como auga oficial será visible tanto no recinto deportivo coma en diferentes elementos de comunicación do club.

O acto de presentación deste novo camiño que emprenden xuntos Estrella Galicia e a Familia Laranxa tivo lugar no gran santuario do fútbol sala mariñán, Vista Alegre. O presidente, Manuel Blanco, exerceu de anfitrión xunto á meta hispano-brasileira Jozi Oliveira e á Xoia Laranxa Pitero.

 

“Estamos moi contentos de anunciar que Estrella Galicia se une ao noso equipo. Actualmente somos o único club galego en Primeira División Masculina de fútbol sala e desde unha pequeña vila de Galicia construímos o mellor club feminino do mundo” así de orgulloso se amosaba Manuel Blanco, destacando o prestixio e calidade da marca cervexeira: “Estrella Galicia é a mellor cervexa do mundo e esta noticia confirma a unión do mellor da nosa terra cun obxectivo común, seguir facendo historia. Desde o CD Burela FS esperamos que este acordo sexa o inicio dunha longa e próspera relación na que festexemos moitos éxitos e que Estrella Galicia se tranforme na “apócema secreta” do éxito das nosas xogadoras e xogadores. Benvidos ao club!”.

Desde Patrocinios Deportivos de Estrella Galicia, Jaime Perozo quixo salientar a gran traxectoria e crecemento do club mariñán, un valor clave no inicio desta nova alianza: “O Burela FS leva demostrando a súa calidade e a súa aposta polo fútbol sala de maneira brillante nos últimos anos. Estamos encantados de poder sumarnos a este proxecto que total seguridade vai traer moitas alegrías e motivos dabondo para brindar xuntos nos próximos anos”.