O Pescados Rubén Burela FS estrearase este mércores (20.30 horas) en Copa do Rei co desprazamento á pista do Esteo (As Pontes), de Segunda B. A cita de dezaseisavos chega para os de Juanma Marrube tras a vitoria a domicilio en duelo directo en Tudela (5-6, Aspil Jumpers Ribeira Navarra) e a tan só dous días da complicada visita do Palma Futsal, que recalará en Vista Alegre o venres (20.30 horas) defendendo a terceira praza de Primeira.

A Alma Laranxa regresará á pista das Pontes logo de gozar alí da fase final de Copa Galicia, o pasado mes de maio, para medirse a un rival que pecha o podio de Segunda B, esperando moi motivado aos mariñáns.

A expedición partirá mañá ás 17.30 horas, con sesións aínda marcadas para esta tarde e mañá, antes da chegada da comitiva da RFEF para o amigable en Vista Alegre entre a Selección Española Feminina e Xapón (21.00 horas). Entre os xuvenís que formarán parte dela, estarán Renato Rodrigues e Bruno García, habituais xa na dinámica de adestramento dos de Juanma Marrube.

 

 

Emparellamentos:

– NOIA F.S. – O PARRULO FERROL

– O ESTEO F.S. – PESCADOS RUBÉN BURELA

– AZULEJOS MONCAYO COLO COLO – OSASUNA MAGNA

– CLUB DEPORTIVO BÁSICO FUTBOL SALA TALAVERA – ASPIL VIDAL RIBERA NAVARRA

– C.D. UNIVERSIDAD DE MÁLAGA – VIÑA ALBALI VALDEPEÑAS

– PELIGROS C.D. F.S. SÉNIOR – JAÉN PARAÍSO INTERIOR

– C.D. ATLÉTICO MENGÍBAR – CÓRDOBA PATRIMONIO

– C.D. TENERIFE IBERIA TOSCAL – INDUSTRIAS SANTA COLOMA

– CIUDAD DE MÓSTOLES – MOVISTAR INTER

– ELCHE C.F. SAD – LEVANTE UD FS

– ZAMBÚ C.F.S. PINATAR – JIBEE CARTAGENA FS

– C.F.S. BISONTES CASTELLÓN – SERVIGROUP PEÑÍSCOLA

– HOSPITALET BELLSPORT F.S. – FÚTBOL EMOTION ZARAGOZA AD SALA 10

– REAL BETIS FUTSAL – PALMA FUTSAL