Este venres celébrase o Torneo Social Balonmán Pabellón na pista Central do Pabellón de Os Remedios de Ourense

0

Este 28 de decembro, venres, co gallo da festividade do Nadal o Bm Pabellón Ourense vai a desenvolver o tradicional TORNEO SOCIAL BALONMÁN PABELLÓN na pista Central dos Remedios.

Esta actividade, como en anos anteriores, vai consistir nunha serie de partidos amigables e recreativos cunha duración de 20 minutos cada un entre diferentes grupos do club de acordo ao seguinte horario:

  • 16:00 horas: Escolas
  • 17:30 horas: Infantil masculino vs Infantil feminino.
  • 18:00 horas: Cadetes masculinos vs Cadete Feminino.
  • 18:30 horas: Xuvenil masculino vs Xuvenil e Senior Feminino.
  • 19:00 horas: Xogadores Vs Papas, Mamas, familia…
  • 19:30 horas: Partido de Irmans(Xogarán encontrados as parellas de irmans do clube)
  • 20:00 horas: Homenaxe a Quintana.
  • 20:30 horas: Senior Masculino Vs Amigos de Quintana

Ao finalizar os encontros sobre as 21:00 vai procederse ao sorteo de grandes premios cedidos amablemente por varias firmas comerciais patrocinadoras do evento e de xogadores e xogadoras do mundo do balonman.

E xa, como remate, servirase un refrigerio na cafetería do pavillón para recuperarse do esforzo realizado e para despedir coa familia do balonmán este ano 2018, que tantas alegrias deu.

Quedades todos/as invitados a participar nesta actividade socio-recreativa, a que nos faria especial ilusión que viñesedes a tomar una copa con nos, e a coñecernos despois de todo o que colaboramos xuntos 🙂

Recordase que é un torneo solidario, polo que para poder participar no sorteo, cada 3 KG de comida entregada (que será doada a Asociación Amencer) darase un numero para o sorteo. Asi mesmo, tamen se venderan a 1€ os numeros para participar no sorteo. Todos os cartos recadados das rifas, serán integramente para a AECC de Ourense, que destinara eses cartos, a pagar o aloxamento das familias Ourensanas que teñen que desplazarse a Madrid a tratar o cancro infantil.