Esta fin de semana celebraráse o Open de Ourense e o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

O Open de Ourense terá lugar o sábado, mentres que o domingo será o momento para o Galego Absoluto de Combate.

0

A Coruña, 17 de decembro de 2021. Intensa fin de semana a que se vivirá en Ourense coa celebración do Open de Ourense e do Campionato Galego Absoluto. Dous días intensos de competición no Pavillón Paco Paz coa participación de máis de 300 deportistas, 50 técnicos/as e algo más de 20 árbitros/as, respectando o protocolo FisiCovid.

O sábado, en sesión de mañá e de tarde, disputarase o Open de Ourense coa participación de máis de 200 deportistas das categorías máster, júnior, cadete e precadetes. Os combates celebraranse nas cinco pistas dispostas no Paco Paz de Ourense.

O domingo, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar o Campionato Galego Absoluto de Combate coa participación de preto de cen taekwondistas, que competirán nas catro pistas habilitadas para o Galego. No campionato poderemos gozar coa participación de destacados deportistas galegos tanto a nivel nacional coma internacional, como Iván García, Manu Parada, Sergio Troitiño, Alma Pérez, Sara Cortegoso, Arlet Ortiz, Cloe Iglesias ou Ainoha García, entre outras. Sen dúbida unha gran oportunidade para gozar co taekwondo galego.