-
O mestre de esgrima compostelano Xosé Piñeiro adestra en Valladolid a Begoña Garrido.
- A falla de confirmación oficial pola IWASF, a deportista bilbaína está cualificada para os Xogos Paralímpicos de Tokio.
Hai xa case catro anos que Xosé Piñeiro incorporouse como adestrador ao Valladolid Club de Esgrima e comezou a adestrar a Begoña Garrido e afrontar xunto a ela o longo periplo olímpico.
A tiradora bilbaína, que xa estivo a piques de pasar o corte para Río 2016, quedou en postos de clasificación olímpica o ano pasado cando se suspenderon todas as probas internacionais por mor da COVID-19. O atraso do Europeo de Eger (Hungría) e da Copa do Mundo de Brasil ata decembro deixan á deportista, a falta da confirmación oficial pola Federación Internacional de Deportes Adaptados (IWASF) en postos clasificatorios para Tokio 2021 e a Xosé Piñeiro preseleccionado polo Comité Paralímpico Español para acompañala a esta atípica edición dos Xogos Paralímpicos.
Xosé Piñeiro é un histórico da esgrima galega, e o principal difusor da esgrima deportiva en Compostela. Nos últimos anos especializouse na esgrima en cadeira de rodas, especialidade que espera incorporar a Compostela Esgrima, o club santiagués do que é fundador e presidente e no que adestran máis de 60 deportistas de todas as idades.