Xornalista (X) – , quen é Rocío García Eiras.
(R) Rocío García Eiras foi unha nena de aldea que naceu e se criou na parroquia lalinense de Cercio onde ía ao colexio Varela Buxán, e foi aí onde un día recibiu a visita do adestrador de voleibol de Lalín interesándose por ela tras vela nunhas olimpiadas intercentros organizadas polo Concello no campo Manuel Anxo Cortizo, quen lle ía dicir a Rocío que anos mais tarde xogaría alí coa Selección Española de Rugby contra Escocia nun partido do VI Nacións.
Daquela visita Rocío comezou a súa andadura deportiva no Club de Voleibol local e posteriormente cambiaría de disciplina formando parte do Club Balonmán Lalín na súa etapa de instituto, pero non sería ata os 19 anos cando Rocío descubre o Rugby da man de seu primo Javier Eiras, xogador daquelas do Club Rugby Lalín.
Dende entón o rugby formaría para sempre parte da vida desa nena da aldea, un deporte que para ela foi algo máis que un xogo, foi unha maneira de vida, as súas amizades, o seu ocio, os seus estudos, o seu traballo…. todo iría ligado a este deporte, tamén debido a toda esa combinación puido dedicarse ao rugby máis de 17 anos nos cales formou parte como non do seu club natal o Club Rugby Lalín, do ARVO Ourense e o CRAT de A Coruña.
15 anos foi unha das fixas tanto da Selección Galega, como da Selección Española de Rugby chegando a disputar 4 tempadas do torneo VI NACIONS, 8 Campionatos de Europa dos cales as Leonas se proclamaron campioas ata en 3 ocasións, 3 Campionatos do Mundo onde no primeiro deles Canada´06 Rocío é incluída no equipo ideal do mundial elixida como mellor pillier do campionato; Campionatos de España, División de Honor, Ligas territoriais,… Rocío foise labrando así mesma como xogadora referente deste deporte no ámbito local e nacional retirándose dos terreos de xogo, que non do rugby, no 2017 tras disputar o Mundial de Irlanda´17.
Actualmente é vicepresidenta da Federación Galega de Rugby, delegada e adestradora da Selección Feminina M18-16 e cando o tempo llo permite atrévese coa arbitraxe , faceta que nunca tivera contemplada ata que o ano pasado a animaron a facer o curso correspondente e pouco a pouco se vai enganchando sobre todo coa axuda dos mais pequenos das escolas de Rugby.
—
(X) ¿Que é mais facil de pitar?, ¿as categorías inferiores ou os «maiores»?
(R) Dende a miña pequena experiencia como árbitro, onde de momento de maneira oficial so pitei concentracións de escolas (M8 a M12) quero pensar que segundo van medrando e mellorando os e as xogadoras mais doado é a arbitraxe pero de momento non cambio o caos dos nenos por nada mundo.
As concentración de escolas son xornadas maratonianas pero que te empapas de inocencia, de ilusión, de gañas de aprender, de como de categoría a categoría van evolucionando e o xogo vai saíndo …. hai moito rugby nos nosos pequenos, son o futuro, e o papel do arbitro é fundamental que estea presente dende os seus inicios como xogador@s.
—
Algo anecdótico que nos queiras contar.
Claro, creo que nunca me vou olvidar, como no primeiro partido me olvidei de activar o cronómetro, dixen para min “ala toma novatada” e lles preguntei aos adestradores canto tempo levabamos de partido jajaja..
—
No mundo da arbitraxe, onde predomina o sexo masculino, ¿qué mensaxe lle mandarías as rapazas do rugbi galego, para que se iniciasen na arbiraxe?
É certo que predomina o sexo masculino como tamén é certo que hai mais licenzas de rapaces pero aí estamos, o ano pasado só nos representaba unha muller no estamento arbitral e esta ano somos sete, se seguimos nesta dinámica en pouco tempo estaremos equiparados, só depende de nós mesmas.
Agora ben as rapazas do rugby galego e de todo o mundo a mensaxe que lles daría dende a miña experiencia é que xoguen todo que poidan e máis porque o realmente bonito deste deporte é practicalo e compartilo co resto de equipo e si o dan compaxinado coa arbitraxe estupendo pero senón xa chegará o momento de pasarse ao outro lado do xogo.
—
¿No entorno familiar, que che din de ser arbitra?
De hai moitos anos o Rugby é outro membro da familia, está ligado a nós en certo modo, polo que xa ninguén se sorprende porque a Rocío agora se lle deu por arbitrar, realmente non o tiña moi contemplado pero é certo que o Rugby corre polas miñas venas e simplemente moitas veces me deixo levar polas emocións, desfrutar o momento e intentar transmitir a miña paixón aos que veñen detrás.
Recentemente vimos na TV, ou case todolos dias, feitos horrorosos cara os arbitros xeralmente e case sempre no deporte do fútbol… ¿Recibixe algún insulto no terreo de xogo, ou algunha agresión verbal ou física? ;e se foi así, ¿isto significa que no rugby non existe realmente o valor fundamental do respecto o o/a árbitro/a?
Desgraciadamente é certo que ocorren episodios desafortunados desta índole que fraco favor lle fan ao deporte, tanto aos que o practican como os que desfrutan vendo.
A educación e a formación é a base, e é dende aí de onde hai que traballar o respecto, o compromiso, o compañeirismo,… polo que a labor dos adestradores, dos árbitros, das familias, en xeral de todo un club é fundamental.
Dende a miña pequena traxectoria arbitral nunca tiven que vivir ningún momento destas características, tamén é certo que cando entro no campo asegúrovos que non escoito outra cousa que non sexan os propios xogadores.
—
¿Crees que o rugbi galego, tanto feminino como masculino, está a crecer en España? ¿E, qué se che ocurre a ti para que o noso deporte creza?
Considero que se está medrando non so en cantidade senón en calidade. En cantidade é importantísima a labor de captación que os clubs están lavando a cabo, en Calidade destacar a forte aposta que se está levando dende a Federación tanto dende o eido técnico coa oferta de diferentes cursos de adestradores, árbitros ou delegados como dende o eido formativo coa posta en marcha do Instituto Galego de Rugby.
E non é que se me ocorra a min, e que para que unha sociedade medre debemos ter en conta as novas xeracións así que para que o noso deporte medre debemos centrar Clubs e Federacións gran parte dos esforzos na base, nas escolas, en ter equipos técnicos formados e preparados para unha correcta evolución dos pequenos xogadores.
Hai que conseguir facer unha boa sementeira para ter un moi boa colleita.
—
¿Cál é a mellor lembranza que tés, que che ocurrise nun campo de rugbi?
Por sorte foron moitos anos de xogo cargados de grandísimos momentos e bos recordos, sempre estarán comigo cada unha das compañeiras dos diferentes equipos polos que pasei chegando algunhas a ser grandes amigas que me axudaron a medrar como xogadora e como persoa. Cada final, cada derrota, cada terceiro tempo, Mundiais, Europeos, territoriais,…. levareinos sempre como grandes lembranzas da miña vida.
Si me teño que quedar con algún sería o partido do VI NACIÓNS (España – Escocia) celebrado no Manuel Anxo Cortizo de Lalín en Marzo do 2004, na miña casa coa miña xente, un soño feito realidade.
E un segundo momento, o vivido no meu último mundial de Irlanda´17 coa miña filla Áurea nas gradas. Gracias Rugby por outro soño cumprido.
—
Os valores que transmite o rugbi, ¿son reais, ou só son palabras bonitas?
O rugby polo simple feito de como é trae aparellado unha serie de valores reais que despois cada quen é libre de adoptalos ou non.
Disciplina, compromiso, compañeirismo, traballo en equipo, solidariedade, respecto ao teus, aos contrarios, aos árbitros, coido que son valores que calquera xogador ou xogadora de Rugby por moi tarde que empezase a practicalo o leva intrínseco no seu ADN, e sobre todo algo que debemos sempre recordar ao entrar a un campo de Rugby son as dúas H H que nos reciben coa Humildade e a Honestidade.
—
e xa para rematar: ¿Qué se lle dí a un nen@ para convencel@ de que no seu colexio escolla a practica da disciplina do rugbi?, fai pouco, noutra entrevista unha persoa nos dixo, (creemos que moi acertadamente), que a loita do rugbi non é cos demais deportes, se non que exista o rugbi nos colexios para poder elexilo. ¿Cómo crees que se pode incrementar a presencia do rugbi nos centros escolares?
Para que un neno elixa o rugby na escola, primeiro ten que telo como alternativa, por sorte actualmente os nenos teñen unha gran variedade de actividades extraescolares é importante estar presente na oferta deportiva dos centros e incluso ir mais alá e que o propio centro o inclúa no seu programa educativo como primeiro contacto dos nenos con este deporte aínda moi descoñecido para moitos.
Débese prestar especial atención técnica e material aos clubs para que a presencia do Rugby nas escolas sexa mais incipiente e alcance un nivel significativo de desenvolvemento.
—
FRASES QUE SEMPRE TEÑO EN MENTE:
“Cando algo te fai moi feliz pero a vez che da medo , é que é xustamente o que precisas”
“A dor é temporal, a Gloria é para sempre”, loitar polos vosos soños porque aínda que a veces pareza que son inalcanzables a distancia entre querer e poder acórtanse co adestramento.
“Non hai nada mais satisfactorio que facer o que outros creen que non podes facer”
—
o dito, mellor persoa ainda, que deportista; e míra que é difícil. Grazas Rocío.
Galicia Deportiva foto ©