Entrevista a Marta Varela, única árbitra de Rugbi da Federación Galega.

0

Xornalista (X) – Bo dia Marta, que nos contas sobre ti.

Marta (M) – O meu nome é Marta Varela xogo fai mais ou menos 10 anos o rugbi no clube de rugbi de Lalin; tamén xoguei fai 2 anos en Portugal, no Clube Agraria de Coimbra. Teño 30 anos e fixen o curso de arbitraxe fai 4. Empecei arbitrando categorias inferiores e este ano designaronme o meu primer partido senior masculino. Actualmente son a única árbitro muller en Galicia e a nivel de estudos, estou terminando o grado de dereito en Ourense é facendo practicas no xulgado de Ourense, non obstante vivo en Lalin e vou e veño e adestro cas abellonas.

X- ¿Que é mais facil de pitar?, ¿as categorías inferiores ou os «maiores»?

M- O rugby de categorias inferiores e mais caótico porque estan aprendendo, pero é mais agradecido.

X- Algo anecdótico que nos queiras contar.

M- No rugby tratase o arbitro por señor, como son a única chica nun partido dixeronme como te chamo ¿señor, señora? E eu pensei… que sexa señor o peor que me chames durante o partido… A xente e mói respetuosa polo xeral o rugby ten moitos valores.

X- No mundo da arbitraxe, onde predomina o sexo masculino,  ¿qué mensaxe lle mandarías as rapazas do rugbi galego, para que se iniciasen na arbiraxe?

M- Dirialle que loxicamente o arbitraxe non ten xénero que como en tantas cousas e necesaria a presenza das mulleres. Se lles pode chamar un pouco esta actividade, que mellor que no rugbi donde existe un respecto exemplar.

X- ¿No entorno familiar, que che dicen de ser arbitra?

M- Saben que me fai feliz arbitrar, ven que progreso e melloro e imaxino que eso é o que lles importa. Sempre me animaron moito.

X- ¿Cómo foron os teus primeiros contactos co rugbi, e que foi o que mais te enganchou, primeiro como xogadora e porqué arbítras?

M- Primeiro xogadora si, sen ter idea de nada. Enganchoume o contacto e esa maneira de liberar adrenalina. Pero sin dubida quedeime polo equipo; integracion, todas temos un lugar. Empecei xogando na primeira liña e de ahí para 8 que e a miña posicion actualmente.

Na parte da arbitraxe comezou como unha forma de entender o deporte saber o regulamento e ver como se interpreta. Pero en canto tiven a oportunidade de arbitrar xa vin que me gustaba moito, son a primeira espectadora do partido.

X- Recentemente vimos na TV, ou case todolos dias, feitos horrorosos cara os arbitros xeralmente e case sempre no deporte do fútbol… ¿Recibixe algún insulto no terreo de xogo, ou algunha agresión verbal ou física? ;e se foi así, ¿isto significa que no rugby non existe realmente o valor fundamental do respecto o o/a árbitro/a?

M- Prefiro non responder está pregunta. Simplemente decir que hai de todo en todos os lados. Hai xente que fala de valores e non sabe o que son, felizmente non e a maioria.

X- ¿Crees que o rugbi galego, tanto feminino como masculino, está a crecer en España? ¿E, qué se che ocurre a ti para que o noso deporte creza?

M- Penso desde a miña perspectiva como adestradora da canteira que está crecendo pouco a pouco. A mentalidade do rugbi está cambiando porque o deporte cambiou, en parte polas modificacions que tivo o regulamento. Penso que é moi importante que se mostre o rugby como os xogadores e xogadoras sabemos que é, e non cos prexuizos que se crearon. No noso caso cada vez transmitimos mais todo o positivo que ten este deporte e como clube estamos crecendo.

X- ¿Cál é a mellor lembranza que tés, que che oucrrise nun campo de rugbi?
M- Teño moitos a verdade. O rugby doume moitas cousas boas, valores madurez amigas e amigos!! Como árbitra foi mói gracioso un neno que me chamou mama e salir dos partidos e que me aplaudan en mostra de respeto. Como xogadora gañar a liga fai uns anos foi o momento mais significativo porque o modo equipo totalmente amateur viase premiado no esforzo.

X- Os valores que transmite o rugbi, ¿son reais, ou só son palabras bonitas?

M- No meu caso son reais. Como digo aprendin moito do rugby, respetar o contrario o árbitro saber que sen estes dous elementos non podo xogar partidos. Sentir que toda a xente ten algo que aportar o rugbi, da igual como sexas canto mides ou canto pesas. Por suposto que hai de todo pero como a vida.

X- e xa para rematar: ¿Qué se lle dí a un nen@ para convencel@ de que no seu colexio escolla a practica da disciplina do rugbi?, fai pouco, noutra entrevista unha persoa nos dixo, (creemos que moi acertadamente), que a loita do rugbi non é cos demais deportes, se non que exista o rugbi nos colexios para poder elexilo. ¿Cómo crees que se pode incrementar a presencia do rugbi nos centros escolares?

M- Estou totalmente de acordo con esa afirmacion. O rugbi debe facerse un oco e normalizarse. Creo que estamos no camiño, xa alguns colexios ensinan rugby como disciplina pero penso que sobre todo a visibilidade do rugbi pasa por ter presenza nos médios, ter un campo e ser valorados polos organismos públicos. Para que pouco a pouco os nenos e nenas sintan curiosidade por aquelo o que no seu pobo ou cidade se lle da a mesma importância que outros deportes.

Moitas grazas, Marta por as tuas respostas, seguiremos a desfrutar das tuas arbitraxes e partidos, e agardamos que pronto xurdan novas árbitras no rugbi galego e no nacional, e que chegues a ser tan grande alomenos como a referente Alhambra Nievas

Foto: Javier Conde, Lugar: Campus Universitario de Ourense.