FICHA TÉCNICA

SD Eibar 0-0 RC Celta

Aliñación SD Eibar: Dimitrovic, Rober Correa, Bigas, Oliveira, Sergio Álvarez, Diop, Edu Expósito, Inui, Pedro León, Kike García e Sergi Enrich.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Olaza, Néstor Araújo, Aidoo, Hugo Mallo, Tapia, Okay, Brais Méndez, Nolito, Mor e Aspas.

Árbitro: Pizarro Gómez

Campo: Estadio Municipal de Ipurua

ANÁLISE

Empate sen goles para o Celta no primeiro encontró de Liga ante o Eibar. Os celestes gozaron dalgunhas ocasións claras de gol, pero non suficientes para rematar o partido. O Eibar tivo bastante posesión de balón e puxo en problemas á defensa viguesa na primeira metade.

O primeiro tempo comezou cun aviso de Pedro León tras un erro de Araújo. A continuación, Nolito estivo a piques de converter o primeiro tanto para o Celta nun gran lanzamento que deteu Dimitrovic. Despois os celestes reclamaron unha man de Kike dentro da área, pero o colexiado non revisou a xogada. Os locais seguían a presionar a área celeste con ocasións de Expósito ou Enrich. Pola outra banda Brais Méndez tivo unha oportunidade man a man con Dimitrovic, pero rematou fóra. O sanluqueño tivo outra ocasión antes do descanso, pero non conseguir finalizar.

Na segunda metade, o Celta saiu presionando con lanzamentos de Aidoo Emre Mor. Aínda que o Eibar tivo a gran oportunidade do segundo treito por medio de Bigas, desviada polo lateral da portería de Villar. A continuación, Nolito Mor tiveron outra ocasión pero foi anulada por fóra de xogo. O turco seguiu intentándoo cun lanzamento tras regatear á defensa, pero seguía tendo diante ao muro de Dimitrovic. No 73 entrou o debutante Baeza por Brais Méndez. No 85, marchou un dos protagonistas, Emre Mor, e entrou Santi Mina. No 86 Diop sería expulsado, pouca renda puido sacar o Celta, xa que quedaban poucos minutos de xogo.

Boas sensacións nalgúns momentos do partido, pero aínda queda por mellorar. A dianteira Aspas-Nolito-Mor vai camiño de ser importante neste Celta. A defensa bota en falta a Murillo e a súa contundencia. Os celestes comezan construíndo a nova tempada con este punto en Eibar. A vindeira proba será ante o Valencia en Balaídos, outro rival importante. Agardemos que sexa a primeira vitoria da Liga 20-21.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander