Empate do Celta ante o Cádiz nun partido sen miga

0

FICHA TÉCNICA

Cádiz CF 0-0 RC Celta

Aliñación Cádiz CF: Ledesma, Fali, Iza, Espino, Mauro, Jose Mari, Sánchez, Malbašić, Jønsson, Negredo e Sobrino.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Ferreyra.

Árbitro: González Fuertes

Campo: Estadio Ramón de Carranza

ANÁLISE

punto conseguido tras este partido foi o mellor da tarde. Non foi o día máis espléndido do Celta, que tivo boas ocasións para vencer, pero o colexiado ou o rival non o quixeron. Na primeira metade González Fuertes anulou un gol de Hugo Mallo, e na segunda metade o marinense tivo outras oportunidades de gol, pero non entraron.

No inicio do encontro, o Cádiz puxo en perigo ao Celta por dúas veces, pero Iván Villar conseguiu deter sendos lanzamentos. A continuación, os vigueses conseguiron algunhas ocasións, incluso Hugo Mallo anotou, pero inmediatamente o gol foi anulado e ratificado polo VAR, non sen polémica.

Na segunda metade, o encontro foi máis soporífero. O Cádiz dedicábase a defender o resultado, sabedor de que o seu principal obxectivo no retorno a primeira, a permanencia, está practicamente conseguida. Neste periodo entraron ao campo Fontán (por Araújo), Fran Beltrán (por Nolito), Baeza (por Ferreyra) e Solari (por Denis Suárez). Antes de rematar, o Cádiz tivo unha ocasión destacada de Lozano, e o Celta unha de Hugo Mallo, bastante activo en ataque neste partido.

Un punto máis na mochila celeste, co que o equipo suma 38 puntos e sitúase na décima posición. A vindeira xornada será entre semana, o xoves ante a Real Sociedad. Este é un rival potente, que acaba de gañar a Copa do Rei do pasado ano e atópase de sexto na liga. Un choque interesante para amosar a mellor cara do Celta.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander