Empate de las chicas del Vigo FS en Dumbría

0
Primeiro de todo desexar unha pronta recuperación a xogadora  do Fisober Saray que se lesionou o domingo no transcurso do partido de fútbol do U.C. Cee, sabemos que voltará con máis forzas se cabe as pistas.
Aínda que o Fisober non fixo un bo inicio de partido a primeira ocasión foi un tiro lonxano de Paula Fandiño ao pau. Respostaban as visitantes poñendo a proba a Lía.
Pero os cinco minutos xa se poñían por diante as visitantes cun gol de Adriana , as locais tocáballes remar dende o principio.
Costáballe entrar no partido as locais e as visitantes aproveitaban as ocasións a contra.
Tan solo os tiros exteriores de Paula Fandiño creaban algún perigo. As visitantes seguían a poñer a proba a Lía a contra.
E cando parecía que as costeiras ían chegar en desvantaxe ao tempo de lecer unha parede entre Paula Fandiño e Adriana rematou co gol desta última para poñer a igualada no electrónico.
E a piques estivo de darlle a volta o partido Paula Fandiño cun tiro ao longueiro antes de ir cara vestiarios.
O inicio da segunda metade tivo algunha ocasión para ambos equipos pero sen moita importancia.
Unha parede entre Saray e María Dumbría a piques estivo de darlle a volta ao tanteador. Pouco despois era Saray a que tiña unha nova opción.
Agora era María Dumbría a que tiña unha gran oportunidade desbaratada pola porteira.
As olívicas seguían a crear perigo a contra, entre Lía e Adriana desfacían o perigo visitante.
Dunha boa ocasión entre Paula Fandiño e Adriana na contra case marcan as visitantes.  Despois dun saque de esquina Kenny anda máis lista ca ninguén para poñer en vantaxe as costeiras nos últimos minutos.
De novo entre Paula Fandiño e Adriana case marcan un novo gol.
As visitantes deciden arriscar co xogo de cinco e obtiveron o seu premio co  gol de Patri, dous a dous final con pouco máis de dous minutos para o remate.

Despois o resultado xa non trocou.

Nota de prensa del Vigo FS