Empate con sabor a derrota das rapazas da UD Ourense (1-1)

0

 

[alert type=»danger»]

Milagrosa: Area, Iria Rey, Berta (Noa 46′), Maria Lopez, Naiara (Esther 50′), Irene, Denise, Maria Calvo, Iria Santos, Lucia (Eva 63′), Marta.

UD Ourense: Ches, Maria, Jani, Pacy, Lo, Moni, Dana, Laura, Aida (Zaira 80′), Hele, Cris.

Goles: 0-1 Moni min 41, 1-1 Denise min 79.

Árbitro: Brais Garcia Valin. Cartons amarelos nas locais a Maria Lopez (89′) e nas visitantes a Moni (85′).

Incidencias: partido correspondente a 26ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo Luis Gorgoso (Lugo).

[/alert]

 

Non estiveron comodas as rapazas da UD Ourense en ningún momento nun campo no que era dificil circular o balón e moito menos con velocidade polo estado do mesmo. A primeira parte foi de clara cor visitante, pero unha vez máis a falta de puntería fixo que so foran quen de marcar un tanto. En cada acción a balón parado se producía remate a porta pero so Moni no minuto 41 atopou o gol. Antes Hele, Pacy, Laura e a propia Moni dispuxeran de remates claros para inaugurar o marcador.

 

A segunda metade comezou co mesmo guión da primeira. No primeiro minuto, nun novo corner, Hele rematou soa no primeiro pao e o seu remate vaise fora por moi pouco. Ata 12 corners lanzaron as ourensanistas. Pacy en duas ocasións e Moni en outra puideron facer o segundo. A ocasión mais clara foi de Hele, tras un moi bo pase de Aida, presentouse soa ante a porteira q saiu a desesperada, coa fortuna de que o remate lle petou na cara.

A partir de aquí trocou a decoración do partido. As visitantes perderon o control do xogo, e as locais a base de balón en longo merodeaban o campo visitante. Nunha desas aproximacions chegou o gol. Falta de contundencia da defensa visitante nun balon en banda, roubo das locais e o centro e rematado de cabeza dentro do area a gol, no unico tiro a porta. Era o minuto 79. O resto do partido foi un quero e non podo das visitantes que gozaron de mais accións a balón parado para desnivelar o marcador pero non era o dia.

Empate con sabor a derrota polo que estaba en xogo. O seguinte partido sera o vindeiro domingo no Monte da Aira fronte ao Alerta Navia.

Foto: Yedra Seara