Emoción, rivalidade e calidade no Galego Sub18

0

Destacado Campionato de Galicia Sub18 o vivido o día de hoxe no Pazo dos Deportes de Riazor onde se poideron presenciar probas de moita emoción e calidade ó longo de toda a xornada.

Comezando polas probas de velocidade, os 50 m. terían tanto en Roi Martínez do Celta con 6.25 como en María Angel Ruin do C.A. Santiago con 6.91 os seus novos campións autonómicos

Jorge Román Leiros con 23.25 gañaría a final dos 200 m. sendo na categoría feminina moi destacado o doble título tanto nos 200 m. con 27.05 como nos 400 m. con 1:00.84 da atleta do Riazor Coruña María Fernández.

Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense, foi unha das protagonistas da xornada logo de impoñerse no concurso de altura con 1.68 m. e nos 50 valos con 7.58, nun man a man proba esta última, moi emocioante con Belén Arias do ADAS quen remataría segunda con 7.65. Na categoría masculina o triunfo en altura correspondería para Samuel Castedo do Atletismo Friol con 1.84. Da mesma maneira, e sen abandoar ós homes, interesantísima carreira a presenciada nos 50 valos entre Hugo Vázquez do Marineda Atlético e Luan Henrique do ADAS Proinor, con triunfo final para o coruñés con 7.20 polos 7.24 do barquense

A proba raiña do medio fondo os 1.500 m., viron os triunfos do atleta do Friol Sergio Souto con 4:30.78 polos 5:13.73 da atleta feminina Inés do Campo do ADAS Proinor.

Outra das probas estelares resultaron ser os 400 m. co primeiro lugar para o atleta internacional do Celta David Ngwudile con 51.61 quen nos últimos metros da carreira privaría do triunfo ó atleta do Atletismo Oleiros Diego Paz por tan só tres centésimas e onde ambos-especialistas dos valos- están a chamados a aportar moita calidade a unha proba que “emerxe” con estes novos e talentosos atletas.

Non menos emocionantes resultarían os 800 m. co primero lugar para o especialista dos 1.500 m. Pedro Vázquez do Celta con 1:59.06 polos 2:00.15 de Iker González da Atlética Lucense. Máis cómodo resultaría a carreira nas mulleres para Degnesh María Mato do C,A. Santiado, quen se impuxo cunha MMP de 2:19.02

Nos 3.000 m. Carlos López da A Gándara estaría por debaixo dos nove minutos con 8:56.95 facendo o propio Lucía Varela do Lucus Caixa Rural ca barreira dos once, con 10:55.64

Alba Cuns domiñou no concurso de lonxitude con 5.49 m. malia que no triple tería que ceder ante a calidade de Diaou Diallo do RIA logo de que non baixara en ningún dos seus tres saltos válidos dos doce metros rematado a proba con 12.10 m. Nos homes outro dos protagonsitas sería o saltador da Atlética Lucense Adrián Villares, logrando colgarse os ouros tanto no concurso de lonxitude con 6.51 m. como no de triplo con 13.04 m.

Na colchoneta de pértega triunfo claro de Lola Bouza do ADAS Proinor gañando con 3.26 m. polos 4.21 m. de Tomás López do C.A.Sada en homes  quen melloraría a súa MMP en nada menos que en 21 centímetros e onde protagonizaría un fermoso man a man, con Aitor Fernández do Narón quen finalmente quedaría ca medalla de prata con 4.11 m.

Xa por último, nos lanzamentos Samuel Lema establecería unha MMP de 14.09 m. acadando a mínima para o nacional Sub18 sendo a categoría feminina onde se vería a disputa máis emocionante entre Antía Sestelo do RIA Ferrol quen con 12.74 iría domiñando durante toda a proba ata que no último lanzamento outra das favoritas, Paula Piñón do A.F.Celta, mandara a bola a catro centémietros máis logrando o título de campioa galega.

A xornada de hoxe sería tamén aproveitada para disputar unha proba de control de pista cuberta á que acudiría un numeroso número de participantes

RESULTADOS

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo