Elena Veres compite na Media Maratón das Catedrais

0

 

Nesta última fin de semana, a SD Compostela Atletismo so estivo presente nunha competición, pero non era una proba calquera. A atleta Elena Veres participou na Media Maratón das Catedrais de Ribadeo, unha carreira fermosa a par que esixente, no que era o seu debut na distancia.

A pesar da estrea, Elena conseguiu un gran resultado, marcando un tempo final, á súa chegada ao famoso areal lucense, de 1 hora e 48 minutos e clasificando no posto 19 de 100 participantes.

Nas vindeiras semanas chegan carreiras máis preto, como o Campionato Galego de 5k en Ames, onde temos máis de 30 atletas anotados, a popular da Amaia, Coruña 10, MM Pontevedra e un amplo abanico de probas para seguir desfrutando da saúde do atletismo.