Na súa XIII edición, el Club Ximnasia Pavillón Ourense, organiza este Torneo de Ximnasia que supón unha festa da ximnasia e será un dos máis solidarios dos últimos anos.

O Torneo ten unha parte competitiva na modalidade de trampolín que ten oficialidade da F.G.X. Desenvolverase no Anexo entre as 11:00 e as 13:00 horas, sendo a entrega de medallas na Cancha Central. Esta competición desenvólvese nos niveis base e escolar, só na modalidade de trampolín. Tratase de ofrecer unha oportunidade máis de competir nestes niveis que son os que máis adolecen de oportunidades competitivas. Tamén no anexo poderemos ver exhibicións de ximnastas de trampolín de nivel élite, entre eles posiblemente os ximnastas pavillonistas que acudiron ó Mundial por Idades en Tokio.

Durante ese tempo na Cancha Central desenvolversanse exhibicións de ximnasia en varias modalidades (rítmica, xeral, acrobática, etc.). Será na cancha central onde poderemos ver a todas as ximnastas dos Clubs Pavillón e Escola Pavillón tanto de niveis escolar, promoción, base e absoluto, incluídos exercicios de rítmica masculina ademáis de exercicios de ximnasia acrobática a cargo do Escola Burgas e exhibicións de outros clubs e escolas da provincia.  Contaremos tamén unha exhibición de artes marciais a cargo do equipo Soywushu e outra de baile moderno de MVT Galicia.

Este evento ten un marcado acento festivo, o obxectivo fundamental é que todos os ximnastas disfruten do deporte que lles gusta. Todos os anos leva tamén un compoñente solidario pero nesta edición son moitas as ONG que terán presencia no evento nun intento de darlles difusión e axudalas na súa labor. Para a directiva e equipo técnico participar na formación de valores é moi importante e por iso queremos colaborar en que este sexa “Un Nadal para todos e todas”.

A Asociación Amencer estará presente na campaña coa Operación Kilo. Taller de  Solidaridad  realizará actividades cos pequenos e adultos durante o desenvolvemento do Torneo e a Cruz Vermella informará sobre as Familias Acolledoras. Ademáis estarán presentes as Fundacións Canem, Anedia e Asociación de nenos, nenas e xoves con diabetes.

Aproveitamos para presentar un calendario solidario que estará a disposición de todos os que queiran colaborar como medio de recollida de fondos para a  asociacion “Cris contra el cáncer” da que a nosa vicepresidenta, Marosa Salgado Madriñán, é parte moi activa en Ourense. Neste calendario están presentes os adestradores dos Clubs Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón xuntamente coa  nosa vicepresidenta, nunha foto moi navideña. 

CLUBS E ESCOLAS PARTICIPANTES 

CLUB QUICELA- LUGO
CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RÍTMICA VERÍN

ESCOLA DEPORTIVA XINZO DE LIMIA

ESCOLA DEPORTIVA DE MACEDA

ESCOLA XIMNASIA BURGAS

ESCOLA DEPORTIVA BARBADÁS

EQUIPO SOYWUSHU

MVT GALICIA

CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN
CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

 

Nota de prensa del Club Ximnasia Pavillón Ourense