El Victoria FC sucumbe ante el invicto de la competición

0

Segunda derrota da tempada na 1.ª División Nacional para o Victoria F.C. da 1.ª División Nacional. O conxunto compostelán afrontaba unha dura visita a un Viajes Interrías líder invicto da competición, e pese a completar un bo encontro, faltou paciencia e madurez nos momentos claves.

O equipo ‘rojillo’ amosou dúas caras moi distintas. Abriu o choque gañando os balóns nas disputas ao equipo local e con varias ocasións de perigo, pero foi o conxunto das Rías Baixas o que abriu o marcador no minuto  25 cun tanto de Marta Yañez nun lanzamento de córner. Cando peor o pasa o Victoria F.C., Noela tivo unha nova clara oportunidade pero foi derribada na frontal da área cando so tiña diante á porteira para marcar. A acción foi castigada con cartón vermello e a expulsión de María Figueroa (min. 44).

Co 1-0 e unha xogadora máis no campo chegouse ao tempo de descanso. Sen embargo, o que debía ser unha vantaxe volveuse en contra do cadro compostelán que pecou de precipitación, cometeu moitos erros e perdas de balón que provocaron moitos espazos ao rival. No perdoou o líder que marcou o 2-0 no minuto 71 cun tanto de Laura Lorenzo e, de seguido, sentenciou co 4-0 con dúas xogadas case seguidas de Catarina Alexandra Moreira (min. 80 e 83).

«As nosas xogadoras saíron moi metidas no partido. Creamos moitas dificultades ao líder, saíndo ben da presión e chegando ás inmediacións da área de forma sinxela. Tivemos varias opcións de marcar pero non fomos quen de aproveitalas», analiza o técnico santiagués Chivi García. «Todo mudou co gol que nos marcan á saída dun córner. O partido estivo sen dono e calqueira puido marcar», engade.

Lamenta o entrenador do Victoria F.C. o feito de non aproveitala superioridade numérica: «O que semellaba que podía beneficiarnos foi todo o contrario. Imprecisións, precipitacións, moitos erros non forzados que facían as contras do rival moi perigosas». «Co segundo gol xa as rapazas se fundiron. Faltounos saber estar, madurez e paciencia», asume Chivi García que insiste en que «isto acaba de comezar e temos moita marxe de mellora para seguir á estela dos mellores».

Tras esta derrota o Victoria F.C. queda na quinta posición da táboa con 10 puntos en 6 xornadas á espera de recibir o próximo domingo, ás  16.00 horas no campo Municipal de Santa Isabel ao Oviedo Moderno B, séptimo na clasificación con 8 puntos.

Nota de prensa del Victoria FC