Buscaba o Victoria F.C. retornar á senda da victoria e precisaba para conseguilo reconciliarse có gol e logrou ámbalas dúas cousas esta fin de semana, na 5.ª xornada de Liga na 1.ª División Nacional feminina a costa do C.D. Oceja.

As compostelás, logo de dúas xornadas sen marcar, non tardaron en rachalo ‘gafe’ pois apenas 4 minutos despois do inicio do encontro en Santa Isabel Noela xa marcaba o primeiro da mañá. Uniuse á festa Miriam Garabato ‘Gara’ tras batír de novo á gardarredes do conxunto cántabro para subilo 2-0 (13). Cun gran traballo de control do xogo e combinacións, Noela, de cabeza, alcanzaba o terceiro (min. 37) tras un centro impecable. E foi Alba a que firmou o 4-0 á pouco do descanso (min. 42) logo dun gran xesto técnico dentro da área. O Victoria F.C. poñía así terra de por medio antes de rematalos primeiros 45 minutos.

Non mudou a situación tralo paso polos vestiarios. Na reanudación o equipo ‘rojillo’ seguiu dominando, dispoñendo de varias ocasións para aumentar a ventaxa no marcador e nunha delas, Gara batía de novo á gardarrades do Oceja logo dunha gran xogada de Chorén (min. 63). Noela foi a encargada de pechala renta ó aproveitar un pase da morte dunha compañeira (min. 65).

Encamiñada xa a victoria logo de dúas xornadas de tropezos, o Oceja tivo tempo de firmalo gol da honra despois dun rexeitamento na frontal da área que aproveitaba María Abascal para batir a Carmen de “vaselina”.

«Creo que a clave foi marcar tan pronto. Iso aliviou un pouco ás xogadoras», comentou o técnico Chivi García. Importante triunfo por tanto para o Victoria F.C. ante a súa afición á espera de visitar ó próximo domingo ó colíder da categoría, o Viajes Interrías Femenino (12.15 horas) no campo Nuevo San Pedro Villalonga.

A nota negativa, sen embargo, segue a ser a racha de lesións pois Carlita recibió unha dura entrada y tivo que ser sustituida por culpa de unha escordadura de nocelo, idéntica lesión que deixou fora da convocatoria a Ánxela e a Inés. A gardamallas Camen tamén arrastra molestias nun dedo do pé. «Preocúpame porque ademáis da importancia das xogadoras están a ser lesións en futbolistas da misma liña do campo, centrocampistas. Esta semana contra o líder terei que rompela cabeza bastante», afirma o adestrador do Victoria F.C.

Nota de prensa del Victoria FC