El Victoria FC recibe en Santa Isabel al segundo clasificado

0

Ten gañas o Victoria FC da 1.ª División Nacional Feminina de resarcirse da derrota da pasada fin de semana en Santa Isabel fronte ao segundo clasificado, o CD Monte, e con eses pulos  viaxará o domingo ata Asturias para medirse ao Gijón Fútbol Femenino no campo de Lloreda a partir das 12.00 horas.

De novo o técnico santiagués Chivi García afronta o encontro con baixas xa que unha semana mais non poderá contar con Carla e Carlita, ambas con escordaduras de nocellos, mentres que Cris non viaxa por motivos profesionais. Tamén Ánxela arrastra molestias no nocello debido a una escordadura polo que é dúbida.

“O Gijón no seu campo é moi forte. É un campo moi pequeno onde seguramente polo mal tempo sexa moi complicado xogar e dominar o nsso fútbol”, analiza Chivi García. “A clave será ver con qué nivel de intensidade saímos a xogar. Cando non temos a pelota estamos a sufrir moito. Ademais as xogadas a balón parado esta semana será moi importantse”, suliña o adestrador do cadro compostelán.

O Gijón Fútbol Femenino ocupa a décima posición da Liga despois de nove xornadas cun total de 8 puntos tras gañar dous partidos, empatar outros dous e perder cinco sendo con 10 tantos anotados o equipo (xunto o Victoria CF de A Coruña) o menos goleador da Liga neste inicio.

Pola sua banda o Victoria FC é cuarto con 14 puntos e catro partidos gañados, dous empatados e tres perdidos.

Nota de prensa del Victoria FC