O Victoria F.C. levanta o telón da tempada 2019/20 na casa este domingo. Despois do contundente 1-6 da primeira xornada na súa visita ao Sporting de Gijón B a pasada fin de semana, o conxunto compostelá da 1.ª División Nacional recibe no campo de Santa Isabel (a partir das 16.30 horas) ao CDE Racing Féminas B de Santander, un dos cinco equipos que ascenderon este ano de categoría, co obxectivo de amosa-la mesma ambición e bó xogo da súa estrea en Mareo.

O técnico Chivi García contará coa baixa de Carla tras sufrir unha escordadura de nocello en Xixón, mentras que Gara é dúbida por un problema de cervicais tras recibir un forte golpe nunha xogada fortuíta cunha xogadora sportinguista.

«O equipo está ben, cos pés no chan. Xa comezamos o traballo semanal moi serias para enfrentarnos ao Racing. Pese a contundente victoria fronte ao Sporting, temos que mellorar algúns aspectos que non nos gustaron nin a mín nin as miñas xogadoras», comenta o adestrador do Victoria F.C.

«O Racing é un recién ascendido e temos pouca información del. É un equipo xove, competitivo e que xa lle empatou a unos dos favoritos (1-1 ante o Victoria C.F.) na primeira xornada. Non nos podemos fiar», engade.

Unha das novidades desde curso é o traslado dos encontros do Victoria feminino do campo do Sergas ao de Santa Isabel, un campo que supón todo un «luxazo» para o seu equipo segundo comenta Chivi. «Para o noso modelo de xogo nos ven moi ben e intentaremos facer do noso campo un fortín este ano», desexa.

Nota de prensa del Victoria FC