El Victoria FC buscará sumar su tercera victoria del curso

0

Terceira cita da tempada 2019/20 para o Victoria F.C. feminino. O conxunto da 1.ª División Nacional -despois do 1-6 que firmou na súa visita ao Sporting de Gijón B na estrea ligueira e do 4-1 do pasado domingo no campo de Santa Isabel fronte ó Racing de Santander B- recibe este domingo nas instalacións do Sergas ó Valladares a partir das 12.00 horas.

O equipo santiagués, líder da clasificación con 6 puntos (os mesmos co CD Monte, Viajes Interrías F.F. y Deportivo Abanca B) confía en manter a xeira de resultados ante un rival que ocupa a sexta posición tra-la súa derrota co filial deportivista (6-1) e o triunfo ante o Sporting B (3-1).

O técnico local, Chivi García recupera para o encontro a Carla (perdérase a anterior cita por un esguince de nocelo) pero mantén a baixa de Laura (con problemas tamén no nocelo).

«As sensacións son moi boas, todas as xogadoras están con moita ilusión e iso nótase nos adestramentos e nos partidos. Temos unha nova cita como locais e debemos aproveitar o factor campo e a boa xeira de cara ó gol», afirma o adestrador compostelá.

«O equipo está moi ben plantado no terreo de xogo. Decide ben en ataque e está moi seguro nas tarefas defensivas. Creo que as xogadoras maduraron moito con respecto á tempada pasada e iso nótanse no xogo do equipo», engade Chivi García.

As rapazas do Victoria F.C. coñecen ben ó Valladares ó que gañaron pola mínima a pasada tempada no Sergas. «Son un rival moito máis duro que os dous anteriores. Contan con xogadoras moi físicas e empregan un xogo directo para as súas dianteiras, que son moi rápidas e que porán a proba o noso nivel competitivo. Será un bo partido», augura o técnico das rojillas.

Nota de prensa del Victoria FC