El Victoria FC asalta Gijón con un muy buen juego

0

Buscaba o Victoria FC mudar a imaxe despois do último partido na casa fronte ó CD Monte e respondeu o conxunto compostelán firmando o encontro máis completo da tempada pola dificultade do rival. Viaxou o equipo que dirixe Chivi García ata Asturias para medirse este domingo ó Gijón Fútbol Femenino (10.º na táboa, uno dos equipos que menos goles encaixaba da Liga e que hai 15 días batira no se campo ó Deportivo B por 3-1) e sumou tres importantes puntos cun contundente 1-4 e moi bo xogo.

As xogadoras do Victoria FC amosaron dende o asubío inicial unha gran actitude e apenas si tardaron 5 minutos en recibir premio: Noela abría a súa conta no minuto 5. A dianteira ‘rojilla’ estivo moi efectiva en Xixón pois apenas dous minutos despois asistía a Ángela Choren para que a súa compañeira anotase o 0-2.

O cadro santiagués estaba a competir ben, gañando todos os balóns divididos e decidía con criterio no campo contrario ata que no minuto 18 encaixou o primero gol das locais a balón parado. Costoulle ó Victoria FC reaccionar e pasou por un periodo de indecisión que o rival aproveitou para dominar e contar con moitas xogadas a balón parado sobre a área compostelá. Pero apareceu de novo Noela para, no minuto 33, marcar o  terceiro gol e regalar tranquilidade ó grupo. Co 1-2 se chegou ó descanso.

“Na segunda metade xa foi un monólogo das nosas xogadoras”, confesa Chivi García que insiste en que “fixémonos donas do medio campo e xogábamos moi doado sen deixar ó rival empregar o seu fútbol”. Noela firmou o cuarto gol do Victoria FC nunha xogada á espalda da defensa rival no minuto 54. “Iso deunos marxe para que Inés, Lau e Ánxela xogaran minutos e collan radaxe depois das súas lesións. Tamén entrou Noelia, a dianteira do equipo B, para sustituir a Noela”, engade o técnico santiagués.

Con este quinto triunfo da temporada o Victoria FC manténse na cuarta posición da clasificación da 1.ª Nacional División Feminina con 17 puntos en 10 xornadas.

Nota de prensa del Victoria FC