• Nuevo triunfo de los de Txichón Soares remontando los 21 puntos en contra que llevaban en el 2º cuarto. El visitante Miguel Justo erró un triple a 3 segundos del final que pudo haber dado el triunfo a su equipo.
Domingo tarde nun sábado tarde. Decides darte un antolliño ao xantar, que se ese cocidiño, esa filloa, ese pasteliño,… quen sabe se vindo de sesión vermú ou, quen sabe, se unha noite longa… O caso é que tes certa preguiciña, ese sofá, peli e manta. Sabes que se buscas no Netflix, HBO,… vas estar máis tempo a procurar que vendo o que elixas, así que tiras dunha peli desas de A3, desas de amores casuais, segredos e desgracias varias… Desas que durmes pero que sempre tes a sensación de «esa xa a vin»… Pois iso foi o que aconteceu no Ubaldo Rueda Arena no partido do 1ª Autonómica Masculina. Subidón na prórroga das nosas seniors nun thriller dos bos, deses que estás en tensión pero verías máis. O segundo thriller foi más duro e prescindible.

O caso foi que recibimos a Cambre, dirixidos esta vez por Nacho Rama pola ausencia do seu adestrador Javier Rodríguez. Un rival duro, experimentado, que vai recuperando efectivos e que na pista semella moito mellor equipo que o que ten o seu nome na clasificación. O equipo do Temple funcionou como unha locomotora na primeira metade, escomenzando cun inquedante 8-0. 9 puntos de Gerardo Dorda no primeiro cuarto levaban aos visitantes a meter 22 puntos neste primeiro período, que ían sumando anotadores segundo o que os estudiantís ían axustando a sua defensa. Os erros locais desde o tiro libre non permitían aos locais achegarse. No segundo período, o visitante Lariño, á postre máximo anotador do partido de longo, tomaba o relevo de Dorda e mantiña a anotación do seu equipo por riba dos vinte puntos de anotación neste período… e case ao marcador, que chegaron a dominar por 21 puntos. Rosalía estaba morto en ataque e tardou cinco minutos en mete-la primeira canastra e se ven foi escomenzando a aumenta-la sua actividade. Desde atrás e con oito puntos de Pedro, os picheleiros, pico e piolet, foron escalando o curuto dun Cambre que parecía desexar o descanso. Unha tripla de Capi no seu minuto de ouro, deixou a desvantaxe local en oito puntos. Outra vez tocaba a do salmón, desovarse nadando contracorrente.

Na peli dos domingos, o asasino sempre é o que creías desde o parecido e, se non morres, tódolos romances son posibles. Mark meteu a primeira canastra da segunda parte, semellaba que os idilio coa victoria local escomenzaba…pero non… novo apagón ofensivo compostelán e os do Temple facían un colchonciño de 13 puntos. Din que nas crises, a veteranía é un grao, e os veteráns de ámbolos equipos lideraron a anotación dos seus, Mallo con sete puntos para os locais, Lariño sumaba outros para os visitantes. Por primeira vez, Cambre facía menos de 20 puntos nun cuarto e Rosalía mantiña a sua anotación de cada período. Menos tres… Si pero non,… Tiras da manta, pos o coxín no bandullo  e pensas «a ver se o asasino vai ser o amante…» mentres dás un groliño á camomila. A peli é mala de carallo pero escomenzas a collerlle o gustiño e semella que a fin pode ser inesperada.

Ámbolos equipos escomenzaron a tope de adrenalina, Rosalía pensando en ganar e Cambre pensando en non perder o que tiña… E xa se sabe que a ilusión pode ao medo, e o tándem a tres dos nosos pequenos Jorgito, Mark e Miguel e dos nosos grandes Mallo e Nilo, mantiveron o ritmo ofensivo, fixeron da liña de tres unha amiga e rillaron, con éxito ou sen el, moitos metros cadrados de parqué para  imposibilitar  a  victoria  visitante.  Esta  vez  houbo  sorte,  e  a  fortuna  quixo  quedar  a  cear  en Santiago.

Fin do thriller. Non recomendarás a peli pero botache-la tarde.

Moito por diante para non matar ao adestrador dun infarto (non fagades cola para soterralo) e manter a ilusión polo ascenso, un final de película que non sexa un soño de Resines ou un flashback do fillo do prota á morte dos seus pais.

Próxima semana, toca visitar a un intratable BBCA que non coñece a derrota e a un gran amigo como  Manolo  García  Pensado,  querido  ex-xogador  desta  casa.  Sen  dúbida,  unha  oportunidade marabillosa para amosar compromiso e mellora.

Instituto Rosalía, 70: Jorge Pérez (5, 1 triple), Nilo Barreiro (12, 1 triple), Alfonso Mallo (15, 2 triples), Pedro Vieites (13, 1 triple), Mark Gold (8) -cinco inicial-, Andrés Forján (6, 1 triple), Diego Barbosa (3, 1 triple), Álex Carrera (3, 1 triple) y Miguel Souto (5, 1 triple).

CB Cambre, 68: Luis Montenegro «Monti» (6), Andrés Lodeiro (-), «Tutto» López-Pizarro (7), Fernando Lariño (26, 1 triple), Gerardo Dorda (11, 1 triple) -cinco inicial-, Dante Varela (-), Bruno Cabado (-), Martín Montero (8), Enrique Blanco (6) y Miguel Justo (4).

Árbitros: Alejandro Pena y Damián Palou. Señalaron 20 faltas personales a los locales y 26 a los visitantes. Eliminaron por personales a los visitantes Andrés Lodeiro y «Tutto» López-Pizarro.

Parciales: 16-22, 19-21, 18-13 y 17-12

Incidencias: Partido correspondiente a la 10ª jornada de la 1ª División masculina (Grupo Norte) disputado el 18 de enero de 2020 en el pabellón del instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Nota de prensa de Baloncesto FEDESA