Foto: BBCA
  • Un Rosalía muy mermado de efectivos acaba con la imbatibilidad del líder en su propia pista. Con solo 5 seniors disponibles, Txichón se vio obligado a tirar de juniors para completar la lista.
Derradeiro sábado de xaneiro, día de Goyas, os Oscar de Hacendado, festa do cine, día de película para os nosos protagonistas. Que se estou de vacacións, que se a avóa casa, que se no Erasmus férvete o eixo, esa fea teima de traballar ou de mancarse que teñen algúns e tan contaxiosa nas posicións que menos xente hai… «Quizá fue la pena ó falta de hierro, el caso es que un día nos tocó ir de entierro» O caso é que o equipo con lema «Somos 12+2», no día de enfrontarse ao lider amence, que non é pouco, con só seis seniors para o partido, que si son poucos, e co Chuches, porque unha peli sempre é mellor con chuches. Así que se inicia «La Odisea de los Giles»: a ver quen pode botar unha man na cancha e no transporte. Remata o partido do junior, unhas verbiñas co Cas e asalto a un comando koruño. «Mirade… Tedes planos para esta tarde?» Pausa corta para que non dea tempo a que resposten «Preciso mans co senior en Ferrol» … Sorriso e un «SI». «La Inocencia» e dúas familias que se han lembrar de tódolos meus antergos polo boicot ao seu sábado de tranquis. Non hai adestrador bo.
Ben, xa temos tropas e, como a Felipe II, tócanos buscarlles barco. Quen ten un amigo, ten un tesouro (boa peli de Bud Spencer e Terence Hill desas das que nunca se lembran nos premiso 😜 Quen ten os Forján Barcia, ten máis cun tesouro (Gracias Sesi e Junior!!). Temos tropas, temos barcos (e terras!): a Armada Invencible a tomar Ferrol… Aínda que pensando que case que foi «Yesterday» que pasaron coma un tifón polo Rosa.
Chegamos a Ferrol. Boas facianas. Penso que un asubía «estando contigo me siento feliz» (Grande Marisol) Cousas de OT e dos «Diecisiete» anos, supoño. Arriba agarda o BBCA, clube no que se palpa a ilusión; que sempre nos trata con enorme agarimo; cancha quentiña; xente querida como o noso capi Manolo e os seus pais, Isma, Cotobad e o seu adestrador Pablo Rodríguez, vello coñecido dos tempos EBA… Pero tamén o intratable líder invicto do grupo, que a falta de tres xornadas podía asinar o primeiro posto na clasifición cunha victoria.
Bola ao aire e, como bo adestrador rancio, os cinco seniors a pista, «como no sub22» dicía Tomás,  que quiso axudar desde o banco. Parecemos un equipo… Agora a montar «La trinchera infinita»… Cedo soubemos que «O que arde» era o duelo anotador entre Pepe Moreno e Nilo (8 e 11 puntos respectivamente) no primeiro cuarto. Tres xogadores anotan por cada equipo pero as nosas tres triplas dannos a victoria parcial 14 a 16 nos primeiros dez minutos. Ámbolos equipos ao mesmo: intensos e ben postos atrás e tirando do acerto dun xogador en ataque. «Quien a hierro mata»…
No segundo cuarto, o panorama mudou. Jonathan Enríquez, as himself, deu unha exhibición digna dun Goya (15 puntos nestes dez minutos) pola interpretación e ao mellor vestiario… porque vaia traxe! Pepe Moreno, secundario de luxo. Polo Rosa, o máis novo dos Barreiro mantiña o seu acerto, dando aire para tapar un pouco «El Hoyo» no que a perda de rigor defensivo no balance estaba a meternos. BBCA parecía máis líder que mete medo e os picheleiros parecían algo máis pusilánimes do admisible para sacar o partido. Tras unha controvertida canastra local sobre a bucina, Ferrol puña terra de por medio cun 39 a 30.
«Mientras dure la guerra» pódese gañar e tras o descanso asistimos a «El despertar de las hormigas», a unha exhibición das ganancias marxinais, de como facendo ben as pequenas cousas que pasan máis veces o rendemento tende a dispararse. Seniors e «cachorros», como Isma baptizou aos nosos juniors, amostraron un compromiso e unha intensidade contaxiosa e digna de gabar. Inmenso traballo defensivo, que xunto as faltas, mantivo á raia aos clutch players ártabros Isma e Jonathan pese a que Pepe Moreno seguía ao seu. Forján (con sete puntos consecutivos); Nilo, con outros 7 e as triplas de Pedro e Alex, achegaban a dous puntos aos picheleiros… 51 a 49 e dez minutos. Cando estás nese estado de actividade atrás e tes a un xogador tocado por un anxiño, nese día que nin a zona 3-2 nin a  caixa e un semella perturbalo, pode pasar de todo.
No derradeiro cuarto houbo un protagonista inesperado: as faltas. As faltas que levaron fora a xogadores decisivos ben pola sua expulsión (Isma, Cobelo e Manu), por precaución para non telos fora (Nilo e Alex) e como saraiba de puntiños tralo bonus. Agora con Eloy, Pedro e Alex guiando aos cachorros e os nervios locais, o que lles custou o acerto en ataque, a vantaxe rosaliana foi crecendo desde a liña de tiros libres, cuns atinados Cayado Bros. Pedro tomou o relevo anotador con Nilo no banco, facendo doce puntos neste cuarto. O partido rematou cunha merecida victoria.
Hai números que falan claro: BBCA, equipo máis anotador da liga con 77,2 ptos de media, con Isma entre os máximos anotadores (7 puntos por cada 10 minutos) e caracterizado tamén por unha anotación bastante coral, quedou en 58 puntos, Isma con 8 puntos e con só 5 xogadores conseguindo anotar. No noso equipo, 10 triplas, acerto desde o tiro libre (81%), tres xogadores por riba dos 10 puntos e, agás Ángel que estivo pelexado co aro, todos anotamos. A catro minutos da final, 5 arriba e con Isma fora soubemos que gañar era unha opción real, aínda que Forján, shooter, gran defensor e «cenizo», confesara dubidalo.
Á noite, os premios viñeron en forma de felicitación de propios e rivais. A gran triunfadora da noite foi, como para nós, «Dolor y Gloria». «Dolor» porque un dos compis mancou unha deda e «Gloria» porque, xa a marxe da victoria, o traballo, a enerxía, fala marabillas do clube: como nunha situación desafortunada, tes xente detrás que quere sacar as cousas, sen excusas, e non só paliar un mal, se non arranxalo, e moito. «Gloria» porque se as matemáticas non me fallan, xa somos equipo dun dos grupos de ascenso. Eu, como un remexido de Penélope Cruz e Paquita Salas, tamén puiden berrar feliz iso de «Peeeeeeeeeeeedrooooooooooo».
Non sería xusto rematar sen mencionar aos outros premiados: Miki, pola mellor dirección novel e aos mellores efectos especiais polo seu cohete no cu; a Dani e Jorge Cayado como actores revelación no seu debú (difícil melloralo); a Ángel, á mellor producción porque, sen anotar, foi vital para a victoria; a Alex, por mellor actor de «reparto»; a Eloy, pola mellor BSO, co «Corre, corre, caballito» e a Tomás, Forján e Nilo por mellor Animación desde o banco.
Este sábado poderemos ver se somos quen de manter estas boísimas sensacións na casa contra o Narón, equipo co que estamos empatado na táboa e que nos derrotou por dous puntos noutro partido de ser catro gatos.
PD.- Domingo tarde. Remata tras unha prórroga o partido do junior zonal, no que xogan Mati e Isaac e que tan importantes foron para que puderamos preparar o partido da semana. O whatsapp ferve: finaron Kobe Bryant e a sua filla Gianna. O mundo da pelota laranxa é hoxe un pouco máis pequeno. A crónica tería sido outra: como dicía o outro, nunca marches a cama enfadado con quen queres.
BBCA Castelo de San Felipe, 58: Ismael Fernández (8, 1 triple), José María Moreno (23), Julián Pena (-), Manuel García (3, 1 triple), Pablo Cal (-) -cinco inicial-, Brais Romero (-), Anxo Rodríguez (-), Jonathan Enríquez (19) y Martín Cobelo (5, 1 triple). 11/17 en tiros libres.
Instituto Rosalía, 73: Nilo Barreiro (24, 3 triples), Andrés Forján (11, 1 triple), Eloy Poza (2), Álex Carrera (6, 2 triples), Pedro Vieites (21, 4 triples) -cinco inicial-, Jorge Cayado (1), Ángel Gómez (-), Dani Cayado (6) y Miguel Souto (2). 21/26 en tiros libres.
Árbitros: Xesús Pena y Damián Palou. Señalaron 27 faltas personales a los locales y 18 a los visitantes. Eliminaron por personales a los locales Ismael Fernández, Manuel García y Martín Cobelo.
Parciales: 14-16, 25-14, 12-19 y 7-24.
Incidencias: Partido correspondiente a la 11ª jornada de la 1ª División masculina disputado el 25 de enero de 2020 en el pabellón Javier Gomez Noya de Ferrol.
Nota de prensa del Baloncesto FEDESA