Mañá sábado 29 de febreiro celebrarase o Open de Técnica de Riveira, que será o primeiro torneo que se celebra en Galicia puntuáble para o ranking nacional e o Mundial de Dinamarca.

No torneo participarán un total de 500 deportistas de toda Galicia e do resto de España (Madrid, Andalucía, Castela e León, Alacante…). A competición comezará ás 9 horas e desenvolverase en sesións de mañá e tarde (de 9 a 14:30 e de 16 a 20:00 horas). Habilitaranse cinco áreas de competición e poderemos gozar do mellor taekwondo desta modalidade.

O torneo celebrarase nas categorías infantil (do ranking galego) e adulto (ranking nacional). Ademais, na categoría adulto tamén se celebrará a modalidade de freestyle.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo