Antes de comezar a Semana Santa os equipos do Club Voleibol San martiño tiveron varios encontros para finalizar as ligas con bos resultados antes das vacacións.
Quedaba o tramite do ultimo partido senior que enfrontaba Dompavoley contra Dompa Voley B na permanencia ou ascenso, co obxectivo cumprido para o club que era a permanencia dun equipo en primeira división, un encontro de tramite onde os dous equipos deron oportunidades a todos os seus xogadores, onde o comezo do encontro comezou moi favorable para o equipo B gañando os dous set con autoridade e onde logo soubo como repoñerse o outro equipo empatando o encontro nun 2-2 pero que finalmente o equipo B soubo volver engancharse ao xogo impoñendose no 5 set.
O domingo dous equipos filiales do Club tiveron os encontros, por unha banda o equipo xuvenil de 3ª división que se enfrontaba ao segundo equipo da clasificación Bruxas de (Ames- Santiago), un encontro que foi como unha escaleira onde no primeiro xogo o equipo ourensano non deu pé aos seus rivais gañándolle con diferenza, no segundo set cando o equipo ourensano tenia vantaxe relaxar iso lle costo o segundo e o terceiro xa que non atopou o seu xogo, o cuarto comezou con vantaxe ao equipo santiagues pero aos poucos soubo ir remontando e gañar o 4 set para igualar o encontro cheo de tensión. O quinto e decisivo set o equipo ourensano non quixo sorpresas e impúxose cun comezo de 13-2, onde os seus rivais non puideron remontar e finalmente o equipo Dompa Ies lagoas gaño por 15-6 gañando o encontro.
O equipo infantil Dompavolei tivo que desprazar a Coruña a xogar contra O Zalaeta B onde as ourensanas perderon os dous primeiros set, no terceiro set perdendo 23- 17 o equipo soubo como remontar e gañalo forzando o 4 set. Neste cuarto coa moral baixa os seus rivais soubo como manter unha vantaxe e empatar o encontro a 2 set jugandoselo ao quinto onde foi discutido ata o final que o equipo ourensano soubo impoñerse coa mínima gañando o partido por un 2-3.
Antes das vacacións, aos filiales do Club quédalle a volta no derbi ourensano do equipo xuvenil que loita pola permanencia en 1 división onde en principio teno de face só tendo que gañar un set e permanecería na categoría.