Enfrontamento co ULE Basket León, equipo con bastantes similitudes a nós: xoven que pode correr e xogar situacións de 1×1, que se mostrou un pouco irregular no inicio da Liga ao igual que o Calvo Basket Xiria. Ónde alternaron días moi bos e polo contrario partidos coma o xogado contra o CB Chantada, no que estivemos moi apáticos e bloqueados en canto ao xogo.

A idea e o traballo da semana é buscar a vitoria, recuperar as sensacións de quipo, volvendo a correr e desfrutar xogando. Ser agresivos, castigar os seus erros e minimizar os nosos. Este é o plantexamento, coa idea de controlar o partido facendo dano dende o xogo interior, xa que polo contrario que nos, o ULE León ten a súa zona forte dende o perímetro exterior.

O equipo adestrou con moitas gañas e intensidade, coa idea de facer un bo partido e dar una boa imaxe, rompendo a racha de dúas derrotas consecutivas. En canto as baixas, que serán 3, Fernando Buendía non poderá contar con Pablo Pizarro (por 3ª semana), Jovan Vukasinovic (2ª semana) e únese Migue A. Vanegas, polo que é posible que o adestrador faga debutar algún júnior na convocatoria, dando a posibilidade á xente xoven de Carballo en debutar na Liga EBA.

Nota de prensa del Basket Xiria