• Victoria C.F.-Victoria F.C.
  • 12.15 horas: A Grela (A Coruña)

Oitava xornada de Liga en 1.ª Nacional Feminina xa para o Victoria F.C. e oitava oportunidade para seguir a amosar que o traballo vai polo bo camiño. As xogadoras do conxunto compostelán, de novo coas baixas de Ánxela, Inés e Carlita (todas coa mesma lesión: escordadura de nocelo), visitan un dos campos a priori máis complicados da categoría e a un rival chamado a ocupar os primeros postos da clasificación pero que está a acusar un mal inicio de tempada.

Así o analiza o técnico ‘rojillo’ Chivi García: «Creo que o Victoria C.F. era o equipo favorito da categoría pero estalle  a pasar algo semellante a nós. Atopouse con lesións importantes das súas xogadoras desde a pretempada e non é quen de ser regular. Tanto pode empatar co colista como gañar ao Dépor hai dúas semanas».  «É un equipo moi competitivo, mestura xuventude con veteranía e vai ser un encontro moi sufrido», engade o adestrador santiagués.

Segundo Chivi García «a clave estará en quen marque primeiro». «Os dous equipos perdimos puntos que deberiamos ter conseguido , como o empate contra o Oviedo na casa e a súa derrota contra o Sporting B o que fai que anímicamente as xogadoras con calquera circunstancia negativa durante o partido non sexan quen de sobrepoñerse», asume o técnico do Victoria F.C.

O equipo santiagués visita o campo de A Grela ocupando a quinta posición da táboa con 11 puntos mentres que o anfitrión é oitavo con 8 despois de dous triunfos, dous empates e tres derrotas. É un conxunto o que lle está a costar meter goles (suma 8) pero tampoco os encaixa (13).

Nota de prensa del Victoria FC