Dous ouros, tres pratas e un bronce nunha gran actuación galega no Campionato de España de Atletismo en Ourense

0
Adrián Ben. Foto: © Carlos Domarco

GALERÍA DE IMÁGENES

Rematamos un fantástico Campionato de España no que para moitos xa é un dos mellores tanto no organizativo como no de resultados de todos cantos se teñen desenvoltos ata o día de hoxe.

Ourense, Galicia e o resto do Estado vibrarían cunha gran cita atlética onde se poideron ver resultados e rexistros moi importantes o que confirma a excelencia da pista de Expourense. Con este campionato, o sintético ourensán sitúase no top de instalacións a nivel nacional e mesmo internacional convertíndoa nun referente de cara a futuras participacións de atletas internacionais na procura de bos rexistros.

Por si fora pouco a nivel organizativo Federación, Concello, Xunta, Deputación e demáis instancias públicas, amosaron a enorme capacidade no desenvolvemento dunha organización destas características abríndose a porta a novos e máis ambiciosos retos.

Leticia Gil. Foto: © Carlos Domarco

Actuación galega

En canto a participación galega acadáronse un total de 6 medallas e (dous ouros, tres pratas e un bronce) dous postos de finalistas e cinco mellores marcas persoais.

Para comezar o foso de área tivo un claro acento galego xa que tanto Jean Marie Okutu como Ana Peleteiro e Leticia Gil amosaron o seu enorme talento para acadar uns fabulosos resultados para o noso atletismo.

A gran favorita Ana Peleteiro faría o xusto para acadar un novo título, nesta vez na súa terra, saltando tan só tres saltos válidos dous dos cales chegarían ata os 13.90 que lle darían a victoria.

Jean Marie Okutu na lonxitude ampliaría o seu impresionante palmarés, sumando o seu décimo primeiro título nacional absoluto de lonxitude nunha final fermosísima onde no último salto e cos rivais e público en pé animando, conseguría un salto de 7.93 m. que lle darían o título por dous centímetros sobre o seu rival Eusebio Caceres que non deixaria de animar nese último salto final a Okutu nun fermoso xesto de compañerismo e deportividade

Outra das medallas viría da man de Leticia Gil na lonxitude. A campioa de España do ano pasado non poido chegar a esta cita ó cento por cento, malia elo, as gañas de competir na súa casa, diante o seu público fixo que a do Barco de Valdeorras dera todo de si para saltar ata uns bos 6.19m. que serían os que lle brindarían a posiblidade de estar no podio.

Tanto Adri Ben como Belen Toimil viñan con moitísimas gañas a este campionato sabedores da etiqueta de favoritos que tiñan colgada sobre eles. Malia o seu bo comportamento sobre a pista, nada poideron facer fronte a un arrollador Pablo Sánchez quen marcaría un crono de 1:53.64 e a unha veteranísima Úrsula Ruiz que con 16.42 m. en peso, engade este novo título e incrementa un palmares ó alcance tan só das lendas.

Saleta Fernández en altura estaría loitando ata o remate polo ouro nunha tempada na que viña con moitas dúbidas polos seus problemas físicos, máis a internacional, moi fiable nas grandes citas, cedería tan só ante Cristina Ferrando quen chegaría ata os 1.85 polos 1.79 da monfortina que lle darían a prata con sabor a ouro.

Ademáis das medallas foron salientables os postos de finalistas acadados por unha fantástica Esther Navarrete nos 3.000 onde chegaría no cuarto lugar así a do velocista Mauro Triana quen da mesma maneira remataría a final no quinto lugar na proba dos 200 m.

Mención sempre aparte e agarimosa merece a actuación de Solange Pereira (sen ficha por Galicia este ano) quen lograría a medalla de bronce nos 1.500 m. e que sería distinguida cunha placa polo presidente da FGA Isidoro Hornillos, en recoñocemento ó seu compromiso e entrega co atletismo e ca Selección Galega durante todos estes anos.

Ana Peleteiro. Foto: © Carlos Domarco

Medallas acadadas

  • Jean Marie Okutu, Campión de España en Lonxitude con 7.93 m.
  • Ana Peleteiro, Campioa de España de Triplo con 13.90 m.
  • Saleta Fernández, Subcampioa de España en altura con 1.79 m.
  • Belén Toimil Subcampioa de España de peso con 16.16 m.
  • Adrián Ben, Subcampión de España de 800 m. con 1:53.76
  • Leticia Gil Medalla de bronce en lonxitude con 6.19 m.

Postos de finalistas

  • Esther Naverrete do F.C.Barcelona 4ª na final dos 3.000 m. con 9:20.02
  • Mauro Triana do  Playas de Castellón, 5º nos 200 m. con 21.54

Resto de actuacións galegas 

  • Javi García do Lugo Runing, 8º nas semifináis dos 60 m. con 6.95
  • Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural Galega 5º con 8.36 nas eliminatorias dos 60 valos
  • Nerea Iglesias do Fontes do SAR, 8ª nas roldas semifinais dos 60 m. con 7.76 (MMP)
  • Eva Queimaño do A.F.Celta 8ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.99 (MMP)
  • Antía Martínez do Ría Ferrol, 6ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.91 (MMP)
  • Lucía Ferrer do Gimnástica, 6ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.93 e
  • Sergio Rodríguez (Surco) 3º nas roldas clasificatorias dos 200 m. con 22.08
  • Claudia Torres da Gimnástica, 4ª nas roldas clasificatorias dos 200 m. con 25.73
  • Pedro Juncal do Real Club Celta, 6ª nas semifinais dos 400 m. con 49.12
  • María Carballido do Atletismo Friol, 4ª nas semifinais dos 800 m. con 2:14.50
  • Elian Numa López do Coruña Comarca, 2º nas semifinais dos 800 m. con 1:51.09
  • David de la Fuente da Gimnástica 3º nas semifinaias dos 800 m. con 1:50.56 (MMP)
  • Angela González do A.D.Marathon, 6ª nas semifinais dos 1.500 m. con 4:34.75
  • Eva Arias da Gimnástica 9ª nas semifinais dos 1.500 con 4:39.55
  • Leticia Fernández do Valencia A. 6ª nas semifinais dos 1.500 m. con 4:33.48
  • Pablo Bocelo do Atletismo Narón, 6º na semifinais dos 1.500 m. con 3:57.93
  • Carlos Porto da Sociedad Gimnástica, 10º na semifinais dos 1.500 m. con 3:59.28
  • Alex Fernández do Ourense Atletismo, 12º na final dos 3.000 m. con 8:32.13
  • Xela Martínez (Sub16) da E.A.Lucense, 10ª nos 3.000 m. con 10:05.33
  • Edymar Brea* do ADA Calvia, 10ª nos 3.000 m. con 9:39.62 (MMP)
  • Nedyam Nory Vargas* do Playas de Castellón, 8ª nas combinadas con 3.961 p.
  • Angharad Davies* do Marineda Atlético, 8º nas semifinais dos 1.500 m. con 4:38.28 (MMP)

Prensa da FG de Atletismo