Foto: Vanessa García

Non puido comezar con triunfo a segunda volta na 1.ª División Nacional Femenina o Victoria FC. O conxunto compostelán regresou á competición depois do parón do Nadal recibindo na casa ó Sporting de Gijón B, e as ‘rojillas’ encaixaron a derrota (a cuarta da tempada) nun encontro no que foron claves dous errores puntuais en defensa (1-2).

Xa avisara na previa o técnico Chivi García que non se fiaba do resultado da ida (1-6) xa que aquel encontro era o debut das asturianas na categoría e se lles notaban os nervios da estrea, e estaba no certo o adestrador santiagués. Pese a que xa de inicio comprobaron que ía ser un encontro moi complicado, pois as xogadoras do Victoria FC nunca estiveron cómodas e non puideron dominar o xogo, sí lograron o primeiro tanto cun bo gol de Raquel (min. 32). Con esta vantaxe chegaron ó descanso.

Na segunda metade non mudou o guión. O equipo santiagués sufriu moito «co balón sen ideas e sen balón chegábamos moi tarde a todos os lados», afirma Chivi García, e non tardou o Sporting B en aproveitala situación. Elena López, no minuto 78, e Lucía Granda, no 85, voltearon o marcador (1-2). «O empate veu precedido dun erro de Carmen que se lle escapa das máns o balón e o segundo tanto minutos despois nun fallo na marca nun cambio de orientación do equipo sportinguista», relata o adestrador local que califica de «xusta» a  derrota pois o rival «confiou e quiso gañar o partido mentres o Victoria FC estivo moi descoñecido».

Con esta derrota, que corta a xeira de catro triunfos consecutivos, o conxunto compostelán perder a terceira praza da clasificación en favor do Deportivo Abanca B e queda con 26 puntos, 2 menos cas herculinas e a 10 do líder Viajes Interrías.

O próximo fin de semana visita ó Racing Féminas B, 11º con 12 puntos.

Nota de prensa del Victoria FC