FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-4 Villarreal CF

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Lucas Olaza, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Miguel Baeza, Brais Méndez e Santi Mina.

Aliñación Villarreal CF: Asenjo, Rubén Peña, Albiol, Pau Torres, Pedraza, Capoue, Trigueros, Parejo, Moi Gómez, Gerard Moreno e Fer Niño.

Goles: 0-1, min. 5 (Gerard). 0-2, min. 14 (Moi Gómez). 0-3, min. 19 (Parejo). 0-4, min. 31 (Fer Niño).

Árbitro: Estrada Fernández

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O 2021 non está a ser nada bo para o Celta. Esta semana dura derrota ante o Ibiza e outro golpe ante o Villarreal. Un potente 0-4 na primeira media hora de partido, similar ó ocorrido o pasado martes. Na segunda metade, os de Emery baixaron a intensidade, senón o resultado aínda podería ser máis abultado.

Dende o inicio do partido o Celta abriulle o paso ó Villarreal. No minuto 5, Parejo quitoulle o balón a Brais tras un mal pase de Okay e a xogada rematou en gol de Gerard. O segundo gol chegou no cuarto de hora de encontro, cando Rubén realizou un mal saque de porta que caeu en mans do submarino amarelo para que anotara Moi Gómez. Cinco minutos despois, Parejo puxo o 0-3 cun lanzamento de falta sen que Rubén puidera deter o balón. O último gol chegou no 31, cando a defensa celeste estaba tan mal posicionada que Fer Niño anotou o cuarto sen que estes se inmutaran.

Na segunda metade, o Villarreal reduciu a intensidade e foi o Celta o que controlou o balón, aínda que non tivo ocasións destacables. Incluso Gerard puido marcar o quinto, pero Rubén resarciuse cunha boa parada despois dos erros anteriores. Coudet deu entrada a Alfon Holsgrove, probablemente os mellores dos celestes nesta pésima noite.

Sen AspasNolito Tapia parece que non hai vida para o Celta. A cara apesarada de Aspas na bancada representaba a todo o celtismo. A situación trae lembranzas da crise do Celta no 2019, onde o moañés faltara varios meses e o equipo caeu en picado. Agora hai dúas semanas de parón ata o vindeiro econtro ante o Betis onde veremos se Coudet consegue a resetear este equipo.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander